20 de diciembre de 2006

Políticas locais de emprego e promoción económica

Dentro do proceso de debate interno que a Agrupación Socialista de Ferrol está organizando para ir configurando o Programa Electoral, mantivemos o pasado luns unha reunión sobre emprego. Ademáis da militancia de Ferrol, participaron expertos do Concello de Gijón, da Generalitat de Cataluña e da Xunta de Galicia.

As ideas aportadas foron moitas e serán incorporadas ós obxectivas políticos do Partido nas vindeiras eleccións. Só quero dar algúns datos, no Concello de Gijón traballan en programas relacionados có emprego e a promoción económica 504 persoas, e movilizan un presuposto de 200 m€ en catro anos. Estes son algunhos datos

TRABALLADORES SERVICIO EMPREGO: ... 504
EMPREGO DIRECTO: ................................... 5.613
ALUMNOS EN FORMACIÓN: ....................... 6.412
INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN: ............ 67.800
EMPREGO INDUCIDO: ...............................7.605
EMPRESAS IMPLICADAS: ......................... 12.746
PRESUPOSTO: .............................................200m€

E certo que levan traballando en políticas de emprego 20 anos, pero conseguiron superar unha perda de 40.000 empregos públicos foito das reconversións do Sector Naval, Siderúrxico e Mineiro. Naide lles regalou nada, simplemente tomaron a iniciativa, e como decia o Responsable do Servicio Municipal de Emprego, "si llegas diciendo que tienes un problema nadie te hace caso, nosotros decíamos que teniamos un proyecto, ademas apoyado por todas las entidades del ámbito local. Así es muy dificil que te nieguen el apoyo".

¿Sabedes cantas persoas dedica o actual Goberno Municipal de Ferrol ó emprego? 2, ¡si duas!. En relación á poboación, para chegar ó ratio de Gijón deberiamos ter 139. A REALIDADE É QUE SIMPLEMENTE NON SE ESTÁ FACENDO POLÍTICA DE EMPREGO E PROMOCIÓN ECONÓMICA DENDE O CONCELLO. HABER SI DESPOIS DE MAIO PODEMOS EMPEZAR.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Polo menos en Xixón colocaron a 504
persoas.....

Anónimo dijo...

Siento decírselo, señor Carro, pero no tiene ni idea.

Lo digo por experiencia propia, porque soy una de las beneficiarias de los programas que organiza el departamento de empleo del concello. En primer lugar, son muchas más los funcionarios y personal laboral del departamento de empleo, rondan la veintena. Me parece que usted habla alegremente sin saber muy bien de lo que habla.

Quiere que le explique quien se cargó el segundo obradoiro de empleo? pues un gobierno socialista de la Xunta.... así que, explíquele eso a los ferrolanos....

Menos demagogia, menos partidismo electoralista, y más trabajar por Ferrol....

Y veremos su "talante" si es capaz de publicar en su blog un comnetario crítico hacia usted,... veremos,...

María Garrido

Xavier Carro Garrote dijo...

Si considera o número de beneficiarios das políticas de emprego, seguimos estando moito por detras, son 5.600 os empregos directos e perto de 70.000 as persoas beneficiárias dalgún servicio de emprego municipal en Gijón.

Podemos, si quere, facer comparacións máis detalladas, pero hai unha diferencia fundamental, o concello de Gijón conta cunha entidade pública para promoción do emprego e da actividade económica, que entre outras cousas promove chan industrial, concede con fondos propios axudas a empresas e axudas á contratación de traballadores, a maiores de xestionar ou dar curso ós programas de emprego da CCAA ou do Estado.

Fronte a isto en Ferrol só se fai esto último, se da curso a programas que proceden doutras administracións, pero non hai iniciativas propias financiadas con recursos municipais.

Dígolle tamén a María Garrido que non sinta decir o que pense, para esto está este blog, no que teñen cabida tódalas opinións e posicións.

Por certo, si o último obradoiro de emprego o rematou un goberno socialista dende a Xunta, xa choveu e,... xa pasaron outros que tiveron 16 anos para mellorar.

En todo caso, goberne quen goberne na Xunta ou no Estadfo ou na Deputación, o goberno local e o que debe ter a iniciativa política para resolver os problemas dos cidadáns, e en Ferrol segundo din as enquisas o primeiro problema é o emprego. Distinto pode ser o modelo, e incluso a procedencia dos recursos, pero o que non pode ser é que o Concello se limite a xestionar tarde e mal os programas que outras administracións poñen en marcha.

AFIRMO: FALTA INICIATIVA POLITICA DENDE O ACTUAL GOBERNO PP-IF EN MATERIA DE EMPREGO E PROMOCION ECONOMICA.