Achéganse unhas eleccións municipais nas que o PPdeG se presenta por primeira vez sen gobernar na Xunta. Isto nunca sucedera, sempre apabullaban con retórica institucional convertida en aparato de partido, facendo campaña dende o coche oficial.
Afrontan agora unhas eleccións nas que non poderán facer promesas de grandes obras ou grandes investimentos, como moito poderan facer grandes reclamacións ós demais gobernos, que están en mans do que eles seguen chamando oposición, ainda que ese posto o ocupe o PP.
Esta situación, lóxica nunha democracia con alternancia de poder, está causando no PPdeG unha auténtica desbandada. Son moitos os alcaldes, e moitos máis os concelleiros que levando 3, 4 e máis lexislaturas gobernando os seus municipios, ante a espectativa de gobernar sen "un goberno amigo na Xunta", ou de perder o poder por decisión dos votantes, simplemente se retiran "por motivos persoais".
A constatación deste feito, quedou expresada polo propio PP nun acto que se celebrou na provincia de Pontevedra, no que se homenaxeou a 50 alcaldes que se marchan. O acto en si non ten nada que criticar, é lóxico e comprensible, pero cando se produce 6 meses antes dunhas eleccións municipais, cando se coloca como arranque da precampaña, ¿Non indica claramente que este partido mira máis ó pasado que ó futuro? ¿Non sería máis lóxico presentar ós novos agora e despedir ós que se van despois das eleccións? Ó fin e ó cabo serán alcaldes ata maio, mellor dito ata que ven entrado xuño se constituan as vindeiras corporacións.
Dende o meu punto de vista este acto non é outra cousa que a constatación dun proceso interiorizado no PPdeG de auténtica estampida, ¡salvese quen poida! ¡que o barco se unde!

No hay comentarios:
Publicar un comentario