25 de noviembre de 2006

De ofertas e demandas complementarias

Comparto as opinións do internauta que dí que a xente que fai os viaxes do INSERSO ten todo o dereito do mundo, despois de anos de traballo e na maioría dos casos sen recursos nin ocasión de viaxar.

Fai algunhos anos tiven ocasión de asistir a unha conferencia de Rodriguez Castedo (Director Xeral do INSERSO na actualidade e tamén nos tempos de Felipe). Este home foi o inventor deste programa que foi moi contestado no seu momento, tanto pola oposición como por parte do Goberno de entonces. Finalmente, como se pode ver é un éxito.

A cuestión é que nas zonas turísticas os empresarios do sector despedían ós traballadores nos meses de baixa actividade, o que ademais de aumentar a precariedade laboral supoñía unha carga económica para as arcas do INEM que pagaba as prestacións por desemprego. Por outro lado, miles de persoas de rendas medio-baixas non tiñan ocasión de viaxar.

O éxito foi poñer en contacto dúas necesidades complementarias, organizar viaxes suvbencionados para xente maior xubilada nos meses de menos actividade turística. A xente contenta, cunha necesidade cuberta e os traballadores do sector turístico traballando todo o ano.

Pero ademais, dende o punto de vista económico o programa sae gratis para o Estado, xa que o que se gasta en suvbencionar o precio do viaxe para que sexa asequible ás rendas baixas, recupérase pola vía do aforro do INEM en prestacións ós traballadores e en impostos, tanto o IVA como os que pagan estas rendas do traballo adicionais.

En definitiva, esta é a parte da política máis necesaria. Estamos acabando xa os tempos nos que os investimentos prioritarios serán de cemento, infraestructuras de transporte ou dotacionais. No futuro, especialmente cando se agoten os recursos procedentes da Unión Europea, serán estas políticas, dirixidas a conectar ofertas e demandas complementarias, as que nos permitirán manter altos niveis de emprego e benestar.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

http://photos1.blogger.com/x/blogger/5199/3080/1600/415835/Cartaz%20A4%20BN%20-%20Manif.%20Edificio%20Porta%20Nova%20-%20Privatizacion%20Non%20%5BVector%5D.jpg

¿ POR QUÉ NOS MANIFESTAMOS ?

Para a defensa dos espazos públicos, do patrimonio urbanístico-cultural, do medio ambiente e contra a especulación urbanística. En concreto a mobilización cidadán quere denunciar a inxusta e ilegal usurpación que se está cometendo na Praza da Porta Nova [Praza de España]; manifestámonos para mostrar o noso desacordo, coa construción dun macro-edificio, nunha zona calificada no PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol] como Sistema Xeral Viario, é dicir vías de dominio e uso público. O macro-edificio, proxectado para a Praza, é de cinco plantas, dúas soterradas e tres de superficie, cunha altura de 21 metros e case 7.500 m2 de superficie comercial e de servizos privados, incluíndo a concesión do mesmo a unha empresa privada durante 75 anos. En xeral ímonos manifestar contra a actuación do goberno municipal neste asunto e para demandar a paralización das obras.

NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON Á PRIVATIZACIÓN DA PRAZA !!

LIBREMOS AO PATRIMONIO PÚBLICO DA ESPECULACIÓN, FEÍSMOS E CHAPUZAS !!

CONTRA A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, NON AO MACRO-EDICIFIO COMERCIAL !!

SI AOS ESPAZOS PÚBLICOS ABERTOS PARA USO E GOZO DE TODA A CIDADANÍA !!

DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS !!

DEFENDAMOS OS NOSOS BARRIOS !!

OUTRA ORDENACIÓN DO TERRITORIO, OUTRO URBANISMO É POSÍBEL !!

PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN POPULAR !!

Convocan:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Centro Comercial Aberto da Magdalena,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.