Acabo de ver unha película ambientada en Escocia na actualidade. Trátase dunha familia pakistaní na que a primeira xeración, os páis viñeron de pequenos, traballaron duro e criaron os seus fillos nas tradicións culturais e relixiosas musulmanas. O fillo maior namórase dunha inglesa "branca" e católica, profesora dunha escola relixiosa católica ainda que ela está casada pola igrexa e separada (como xa dixen namórase do fillo musulman).
Na trama da película vese a intransixencia das costumes pakistanís, e tamén das relixións católica e musulmana.
Veume á cabeza que nos estamos tan lonxe, temporalmente, de cando aquí pasaban cousas parecidas. Acaso non existia ese concepto de "honor familiar" que se rompía, por exemplo cun embarazo prematrimonial... Acaso non vivimos fai ben pouco tempo esa presión do que dirán rodeada sempre dos tabús de relacións non aceptadas socialmente.
Có tempo, segue habendo bodas pola igrexa, ainda que a xente nova asume hoxe as afirmacións que se fan diante do altar con facilidade, pero e sen a máis mínima vontade de cumprimento taxativo. Puro convencionalismo social, na maior parte dos casos.
É certo que a xente nova cambiou, é lóxico, pero tamén cambiou a xente maior, e cada vez se producen máis "arrexuntamentos extrarelixiosos" entre xente maior. Tamén os nosos maiores estan despertando ás relacións libres de ataduras e tabús.
¿Será por culpa dos viaxes do INSERSO?
Quen ia pensar en semellantes efectos...

1 comentario:
Non sabe vostede ben o bó que é viaxar....dapréndese moito e fainos ver as cousas con máis craridade, inda que sexan viaxes do INSERSO, pode ter seguro que ademáis de que a xente que vai neses viaxes tenos ben gañados, disfrutan moito e daprenden inda máis do que disfrutan, percatandose de que existe vida máis aló do PP e do Puntal...
I o mellor se non fose por eses viaxes, a meirande parte dos nosos maiores de Cedeira nunca terían a ocasión nin os medios económicos precisos pra viaxar ab utranque parte Fluminem Mestarum....
Publicar un comentario