23 de noviembre de 2006

ASTANO enésimo capítulo

Estamos, unha vez máis, dandolle voltas ó futuro de ASTANO, das súas instalacións, das súas capacidades.

Escribo esta entrada para reflexionar sobre as posibilidades reais que se nos abren, e quero comezar decindo que non debemos deixarnos levar polo tópico facil ou polo revanchismo histórico. Penso que nesta ocasión, neste enésimo capítulo, danse circunstancias distintas que nos abren novas posibilidades que antes non estaban dispoñibles.

En primeiro lugar, temos tempo, non estamos actuando en pleno fragor dunha crisis ou dun proceso de negociación. Navantia ten carga de traballo, a súa situación patrimonial está dentro de parámetros normais e non temos conflicto coas restriccións da Unión Europea.

Falemos logo das potencialidades e tamén das dificultades.

As dificultades son:
  • A definición dun proxecto industrial que ocupe a instalación, tanto si é do sector naval como si non.
  • O encaixe da ou das novas entidades dende o punto de vista societario e da definición das novas actividades. Si se dedica ó sector naval deberá cumprir coas condicuións da UE.
  • Na actualidade a maioría dos talleres de ASTANO están ocupados na construcción de 60 bloques do BPE, polo que o novo proxecto debe compatibilizarse, cando menos durante un tempo con esta actividade clave para o futuro de Navantia.

As potencialidades son :

  • Por primeira vez a Xunta de Galicia está disposta a comprometerse no impulso dunha solución.
  • Tamén dende a SEPI se deixa unha porta aberta, ainda que sempre nos recordan as limitacións dos acordos cós sindicatos e coa Unión Europea.
  • Parece que existe interes empresarial, tanto no ámbito de Ferrolterra como en outras empresas do sector naval por sacar adiante un proxecto industrial relacionado có sector naval.
  • Contamos có elemento da propiedade do chan, unha concesión da Autoridade Portuaria que está disposta a poñer en valor. Influe tamén nesta cuestión a tramitación do Estatuto de Autonomía que pode fortalecer a capacidade da CCAA para dispoñer de competencias portuarias.

En definitiva, podemos nesta ocsasión facer as cousas ben si resolvemos dous aspectos, en primeiro lugar, contar con proxectos que parta maioritariamente do sector privado con capacidade para ocupar as instalacións. En segundo lugar, deseñar unha alternativa societaria e un procedemento viable e compatible coas necesidades de Navantia e cós contidos dos acordos IZAR - Sindicatos - Unión Europea.

Si somos capaces de avanzar ganaremos todos, pero si convertimos este asunto en bandeira partidaria preelectoral perderíamos unha boa oportunidade.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

HASTA-O-ANO (ANO=CU)(foneticamente:'astano')non existe dende hai moito tempo i semella que a Nav-Antía ven a ser, pouco máis ou menos, unha copia vulgar i de moi mala calidade dun turrón
navideño que fan os chineses querendo imitar o ANTIOXIXONA i polo tanto vai a durar moi pouco i despois nin Nav, nin Antía, nin Cú.

Anónimo dijo...

COMO DESPUES DE TODO LO QUE EL PSOE HA MALTRATADO A NUESTRA CIUDAD PUEDE SER MILITANTE DE ESE PARTIDO?

COMO PUEDE TENER CONFIANZA EN UN CANDIDATO A LA ALCALDÍA DE FERROL QUE VIVE EN CORUÑA Y QUE SI NO GANA VUELVE A SU SILLON EN LA AUTORIDAD PORTUARIA?.