Artigo publicado no Xornal de Galicia
Baixo o título de “O Socialismo do Século XXI. Novas respostas para unha Galicia mellor” celebrarase nas vindeiras semanas unha reunión política crucial para o Partido Socialista en Galicia. Os resultados deste debate condicionarán as posicións e alternativas que durante os vindeiros anos se contrapoñerán ós proxectos e feitos do Goberno de Feijoo e polo tanto serán un elemento clave para ver si se configura ou non unha alternativa política capaz de recuperar o Goberno Galego.
Comprendo que os medios de comunicación estarán máis pendentes dos xestos entre Patxi, Caamaño, Barcón ou Blanco, pero non son estas as cousas que están en xogo neste lance, nin estamos no momento procesal de dirimir candidaturas. Agora toca reflexionar sobre o papel do socialismo galego no futuro inmediato, asentar e perfilar os seus obxectivos políticos e conseguir que estes respondan ás expectativas e desexos da nosa sociedade.
Dende o meu punto de vista trátase dunha iniciativa necesaria, non para cambiar os principios ou os postulados básicos, pero si para facer un relato da realidade política de Galicia que é distinta despois dun ano de Goberno da Dereita nun escenario de globalización e perda de soberanía dos Estados, e xa non digamos das CCAA.
Parto da defensa dun socialismo galego de corte federalista, afincado na esquerda socialdemócrata, no mundo do traballo e de fondo sentimento galeguista, pero cunha visión do mundo contemporáneo consciente da realidade da globalización.
Galicia ten potencialidades e ferramentas que non está a empregar para construír o seu futuro, por exemplo a necesidade de construír unha rede de alianzas económicas e sociais coa nosa diáspora, o exercicio pleno das competencias que unha reforma do Estatuto nos permitiría, unha reorganización administrativa que racionalice a nosa administración Pública, ou o deseño dunha política de incentivos á actividade económica deseñada para engadir valor ós nosos produtos e materias primas, que deixe de funcionar só a iniciativa das empresas, senón que contribúa a reequilibrar a nosa estrutura económica facéndoa máis eficiente e sostible.
Por outra banda, Galicia forma parte plenamente, dentro do Estado Español da Unión Europea. Lonxe queda o proceso de integración, e temos que deixar de atribuírlle á UE a culpa de tódolos nosos males. Debemos ter unha posición máis solvente, asumindo o cumprimento dos nosos compromisos, e influíndo en primeira persoa nunha configuración favorable das políticas comunitarias que nos afectan.
En definitiva nesta Conferencia Política debuxarase unha Galicia nova que poderemos construír entre todos si somos capaces de recuperar o Goberno da Xunta. Por esforzo de reflexión e de traballo non vai quedar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario