10 de noviembre de 2009

Plan Ferrol na Costa da Morte

A experiencia do Plan Ferrol ten suscitado o interés doutras comarcas galegas. Primeiro foi Lugo onde comezaron por constituír unha asociación similar á Asociación Impulsora do Plan Ferrol coa participación de Sindicatos e Organizacións Empresariais. Recentemente celebrouse na cidade de Lugo unha reunión do Consello da Xunta para aprobar unha serie de medidas, que non son outras que as que o IGAPE ten implantadas en Ferrolterra.

No caso da Costa da Morte a iniciativa parte dos alcaldes e portavoces municipais socialistas da comarca, que có alcalde de Malpica José Ramón Varela á cabeza puxéronse en contacto comigo para ver si o Ministerio de Industria estaría disposto a aplicar as axudas á reindustrialización ó proxectos empresariais que se establezan naquel territorio.

A contestación do Mº en boca de Jesús Candil foi positiva, non haberá unha partida específica pero asinarase un convenio coa Asociación Impulsora dos Pactos Territoriais Polo Emprego que montou no seu día a Consellería de Ricardo Varela.

Xa empezamos os primeiros pasos cunha cea de empresarios celebrada en Buño o pasado setembro á que asistiron 400 empresarios e na que Jesús Candil, José Rilo da Confederación de empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal e eu mesmo expuxemos as características das axudas e os trámites necesarios para acceder a elas. A acollida foi moi positiva e esperamos que xa no exercicio 2010 poidamos apoiar proxectos empresariais na Costa da Morte. Dende entón son moitas as mostras de interes e apoio dos empresarios así como múltiples as reunións e actividades informativas que vimos desenvolvendo.

No hay comentarios: