28 de abril de 2009

O PP dí que xa nos sacou dunha crise...

O PP anda a dicir estes días que eles xa nos sacaron unha vez da crise.

¡Non hai nada peor que presumir do que non se é!.

O peor momento da anterior crise foi no 93 cun crecemento do PIB de -1,1%. Naquel momento Gobernaba o PSOE, e tamén nos anos seguintes, no 94 cun crecemento do 2,4% e no 95 cun crecemento do 2,7%. 

O PP chegou no 96, mantivo as políticas que xa Pedro Solves tiña en marcha e conseguiu crecementos moi similares cun 2,4% no ano 96.

Polo tanto o PP non sacou a España da crise senón que tivo a sorte de entrar no goberno cando estábamos saíndo dela. En todo caso tivo o mérito de non estropear o que lles deixamos ata a entrada no euro, aínda que na segunda lexislatura en aplicación do seu modelo económico provocaron coa Ley del Suelo o Boom inmobiliario que nos está a traer tantos problemas nesta crise, que ten outras causas internacionais pero que nos azota máis por esta causa.

O propio Rodrigo Rato ten recoñecido en moitas ocasións que foron as medidas de Pedro Solves nos anos 94 e 94 as que nos sacaron da crise.

No hay comentarios: