Estamos vivindo un inicio de lexislatura ben distinto do anterior; por unha banda o PP xa non está nunha estratexia de deslexitimación do Goberno con aquela teoría da conspiración do 11M, que nunca acabaron de negar de todo, pero que agora lles estorba no novo escenario centrista.
Pola súa parte o Goberno, despois dunha primeira lexislatura profundamente social e cunha intensa carga lexislativa, afronta esta segunda marcada pola crise económica, e atópase polo tanto ante a decisión de aplicar as receitas de sempre, "axuste para que paguen a crise os traballadores en redución de dereitos, salarios e prestacións" ou facer unha política social de compensación ós máis débiles para que poidan afrontar as dificultades.
En relación ó PP, eu non me creo este enésimo xiro ó centro, non creo que se cheguen a acordar grandes cousas có PP salvo que sexa a costa de que o PSOE renuncie a compromisos do seu programa electoral, como por exemplo a instrución xudicial por parte dos fiscais. As razóns da miña incredulidade non teñen que ver có fragor mediático, especialmente de determinados medios PPólogos, simpremente se deben á observación da realidade cotián. Eu coñezo a moita xente do PP, en Galicia e fácil, incluso algúns son bos amigos, e sei que teñen posicións políticas moito máis dereitistas que as que saíron de Valencia. Saben que corren tempos de moderación en temas como os matrimonios gays, o laicismo, os nacionalismos, pero si de verdade puideran facer o que pensan, todo isto se resolvía "cun par de ostias".
Porque, no fondo o problema non é ideolóxico, de contraposición do seu modelo ó do Partido Socialista, o problema é a concepción patrimonialista que o PP ten de España. Eles séntense os únicos e xenuínos representantes e defensores dos valores patrios, dende o meu punto de vista no senso máis noxento, por iso, cando gobernan fano, como dicía Aznar sen complexos, como os donos dunha facenda, e cando perden o poder séntense como propietarios expropiados inxustamente. Por iso levan tan mal a existencia dos partidos nacionalistas, ou as posicións federalizantes do PSOE, e por iso lles costa recoñecer e asumir a lexitimidade ó goberno cando eles son oposición.
Unha confirmación desta miña teoría son as argumentacións empregadas por Aznar, Oreja e Aguirre no congreso de Valencia que defendían máis PP para non ser un partido como lle gustaría ó PSOE, porque o que quere o inimigo é a nosa derrota. Non son capaces de recoñecer, nin sequera de imaxinar que o PSOE pense en clave de pais, a prol do ben común, pero non porque os socialista sexan malos por natureza, senón "porque non son España" só ó PP lle corresponde determinar o ben común, porque este é un valor que coincide estritamente cós intereses do Partido Popular. Velaí o patrimonialismo político do PP que non lle permitirá nunca chegar ó desexado centro electoral.
Pola súa parte o Goberno estase decantando claramente por experimentar unha nova estratexia para saír da crise, non recortar dereitos e recursos ós máis desfavorecidos, senón empregar o superávit para axudar ós que máis o necesitan. É unha opción arriscada, porque si a crise se mantén moito tempo poden aparecer problemas, pero é a opción máis xusta e tamén a máis de esquerdas.

3 comentarios:
Pepito grillo:
"El petroleo sube para unos más que otros"
Como será esta legislatura?.
Pues muy negra.Y es que a los ciudadanos de a pie,les trae sin cuidado,si el PP,va para el centro,el Aznar,el centrismo,la Aguirre....
Es que el PSoe,cuando todo va mal,solo sabe mirar para el PP.
Vamos a ver:
-Hace tres meses ZP,prometía el pleno empleo,2 millones más de trabajos.
-Colocaba España,a la altura de Francia o Alemania.
-Afirmabais,que el sector industrial,absorvería gran parte de esos parados.
Ahora:
3 meses despues de las elecciones.
-Reconoceis,que se llegará al 11% de paro.
-Afirmais,que lo peor está por venir.
-Augurais año y medio de malos resultados economicos.
-(Con todo esto,se sube la electricidad,se elimina tarifa nocturna,desaparecio el plan prever,se ha gravado con intereses los todoterrenos....
Ahora reconoceis,que no se puede hacer nada en año y medio.
¿Y Quien y porque os va a creer?.
Zp,aseguraba que los intereses iban a bajar,no se en que se basaba.Medidas economicas bastante dudosas...
Te dije,hace muchos meses,que os ibais a comer el marrón,que La prosperidad de España,era humo,todo consumo interno,que los indicadores reales,son la balanza exterior,que aquí cada vez va a peor.
En fin,como será está legislatura?,pues con muchas huelgas y muchos parados,y muchos cierres.A ver si terminais la legislatura,porque el panorama dentro de un año,estará tan mal,que hasta la UGT,tendrá que apoyar movilizaciones contra vosotros.
Y el petroleo,sube aquí,en Francia y Alemania,pero las cifras aquí,no son como allí,porque Alemania no está en crisis,aunque si tenga dificultades.
Aquí,parece que sobran pescadores,agricultores y camioneros.¿Hacemos la receta favorita de este gobierno,y los prejubilamos?.¿Te suena?.
Y te querría comentar algo,sobre el sobrevalorado plan de reindustrialización de Ferrolterra.
LLamas plan Ferrol,a los puestos de trabajo creados por las empresas del puerto exterior (hecho por el malvado PP) y a los que se crean en el poligono do Pozo.
Porque ,que yo sepa,el puerto se iba a hacer con Aznar,y el poligono de NArón,ya lleva muchos años ahí.
¿Entonces,que nuevas empresas ha atraido el plan Ferrol?.
Ai, Pepito, Pepito.
Os ciudadas de a pe escoitaron durante moitos anos unha afirmación que aparece nun vello libro escrito por experimentados profetas: "sete anos de vacas gordas e sete anos de vacas fracas". Sempre foi así.
Moitas das afirmacións políticas sobre economía fanse partindo dos datos dispoñibles e da coxuntura económica de cada momento. Se estos datos datos cambian hai que reformular as políticas a aplicar.
A actual crise é cuadruple: financeira, hipotecaria, materias primas e alimentos. No referente o petroleo non hai que esquecer que a política desreguladora dos mercados aplicada polo gran e admirado amigo do PP, Georges Busch, provocou que as grandes compañías financeiras adicada a especulación (mercar petroleo e materias primas a futuro) pasasen de controlar no 2000 o 20% do mercado o 71% en 2007. A todo isto hai que engadir a guerra con Irak (por intereses petroliferos) na que o goberno do PP nos meteu.
Esta crise foi xenerada por errores sustanciais dos mercados financeiros e das suas institucións reguladoras. Non por unha presión salarial desbocada. Ante a permisividade irresponsable de reguladores e axencias de rating, a inxeniería financeira creou os deliciosos créditos usureros satisfacendo as demandas de alta rendibilidade das institucións financeiras europeas e norteamericanas.
Respecto do mercado inmobiliario, o seu crecemento desvocado escomenzou coa política do Partido Popular declarando urbanizable todo o solo español.
Nestas circunstancias as recetas dos neoliberais sempre son cargalle a crise, con reformas laborais e axustes salariais, sobre as costas de quenes non tiveron responsabilidade algunha da mesma.
Hai que recoñecer que Pepito ten razón en que as tensións laborais poden extenderse nesta coxuntura. Durante os últimos anos as entidades finaceiras obtiveron importantes beneficios adquirindo participacións en negocios non específicos, a enerxía, por exemplo, distraen fondos, reclaman liquidez, presionan sobre a demanda globa...producen inflación... axustan o EURIBOR...e publican beneficios sen pausa. Beneficios privados e deudas democráticas, e dicir, transfirena mediante as subidas dos tipos de interese a poboación mais vulnerable.
O goberno ten que atender a dimensión socioeconómica da realidade e non só a económica. E xa vai sendo hora de que o PP deixe as afirmacións demagóxicas nas que critica pero nunca aprotan alternativa algunha.
Entrañable compañeiro: Estiven a buscarte durante a celebración do 11 Congreso do Partido e non me foi posible atoparte. Só quería celebrar contigo o nomeamento de Mar Barcón á Sª de Organización. Ti sabes moi ben que a loita pola igualdade foi unha impronta para moitas militantes que levamos anos con esta teima no partido. Como estou no convencemento de que a invisibilización das mulleres no PsdG-PSOE nunca houbera sido posible sen a solidariedade de moitos dos nosos compañeiros entre os que ti te atopas quero celebrar esta boa nova contigo e con un fato máis de militantes dos que sei tamén están a celebrar hoxe este acontecemento.
www.lacoctelera.com/rosanei
Publicar un comentario