17 de enero de 2008

Hoxe descubrín un faro en Bretaña



Hoxe, no Concello de Ferrol celebrouse o acto de entrega do premio "Letras de Bretaña" a Cesar Antonio Molina. A continuación, logo dun percorrido polas rúas de Ferrol e dunha visita ó Jofre e á sede social do Real Coro Toxos e Froles compartimos mantel cos Alcaldes de Ferrol e Mondoñedo, os representantes do Galardón, algunha xente do concello e do Gabinete do Ministro.

Foi para min unha experiencia fantástica. Falounos o Ministro de Cunqueiro, da súa vida, das súas inquedanzas, dos sés proxectos, pero non como Ministro senón como Cesar Antonio.

Eu tiña unha imaxe del caracterizada polas súas intervencións parlamentarias e certamente coñecía apenas algun pequeno exemplo da súa obra literaria, tiña a idea, quizas polo propio ambiente que se viveu nesta lexislatura de que seria máis ben unha persoa un tanto distante, moi ateigado pola xestión e o traballo.

Pois ben, quedei hoxe fascinado cun home dunha talla humán enorme, cunhas conviccións rexas e enrraizadas, cunha visión universal da nosa lingua e a nosa cultura que leva como estandarte alí adonde vai. Un home que forma parte desta terceira bretaña literaria, física, climática e máxica.

Hoxe, e non no Congreso, descubrín en Cesar Antonio Molina un faro da nosa Bretaña.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Coido que o ministro-candidato Molina patinou ao vir a Santiago inaugurar unha biblioteca sen libros.

Anónimo dijo...

Nunca leerá a un mediocre coma ti facendolle tanta pelota o ministro. Por certo, o Molina case que non sabe falar galego. O problema valo ter ti Xavieriño porque no vas a sair. Os do BNG imos dar unha volta os resultados e teremos dous congresistas pola Coruña. Galicia decide e vai decidir que te quedes na casa o voltes a traballar a Navantia.

Anónimo dijo...

Ante las opiniones públicamente expresadas por dos de los miembros de la AIPF (Asociación Impulsora del Plan Ferrol) y al mismo tiempo, presidentes de la CEFEOR (Confederación de Empresarios de Ferrolterra Eume y Ortegal ) y de la CEF (Confederación de Empresarios de Ferrol ) don Ángel García y don Alejandro Langtry respectivamente, en cuanto a que la falta de este señor en el Congreso de los Diputados se haría notar en Ferrolterra de forma negativa, se hace necesaria una reflexión.

Quiero recordarles algunas de las manifestaciones públicas del ex diputado y, a partir de ahí, quizá empiecen a reconsiderarse alguna que otra intervención de adhesión. El día 21 de mayo de 2004 (prensa escrita del sábado 22- 5-2004) dice con respecto a Astano: No estamos delante de otra reconversión, lo que tenemos que hacer es poner en valor las potencialidades de IZAR-FENE. El PSOE aprendió de los errores cometidos en 1984 y no se van a repetir.

O remitirnos a las efectuadas el 29 de octubre del mismo año (prensa escrita del sábado 30-10-2004) en las que dice: Quiero anunciar hoy que existen muchas posibilidades de que el veto que padece Astano se levante.

Incluso podríamos recordar aquellas otras en las que decía el 26 de junio del 2004 (publicadas en los medios el Domingo 27- 6-2004) sobre que habrá que buscar contratos en ámbitos como el del off - shore en el que la demanda es ascendente… Etc, etc, etc.

Xavier Carro Garrote dijo...

Con respecto ó anónimo que reproduce un artigo de hoxe aparecido no Diario de Ferrol asinado por Jesus Varela Rivas, debo sair en defensa dos representantes da Asociación Impulsora do Plan Ferrol, e non só dos empresarios, senón tamén dos demas, dos sindicatos e da Cámara de Comercio.

Saben o que din, e porque o din, quizais non estaría demais que quen escribe este artigo tivera a ben falar con algunha das persoas que nomea, quizais cambiaría de opinión.

Cítanse no artigo algunhas informacións de prensa con datas anteriores a decembro do 2004 en relación a ASTANO. Todas son anteriores á sinatura do Acordo cós Sindicatos e a Unión Europea, pero todas son coherentes tanto có resultados como coas miñas iniciativas e posicións parlamentarias.

As potencialidades de Izar Fene son certamente máis das que actualmente se están a ver, pero no 2004 había 1000 persoas sen traballo e sen futuro e agora con actividade ata o 2014. O PSOE non cometeu os erros do pasado, porque estamos a desenvolver un Plan de Reindustrialización pegado ó terreo e con participación dos Axentes económicos e sociais (quizais por eso valoran a iniciativa, e... non estarán todos tolos...). A posibilidade de levantamento do veto sobre ASTANO foi certa, e está publicado, pero seria no caso de ser privatizada como Sestao ou Gijón, pero por decisión dos traballadores, decisión que eu defendo, quedou no ámbito público e de construcción militar. Tamén a posibilidade de facer Off-Shore estaba vencellada e esa posibilidade.

En relacción ós presupostos para Ferrol o articulista só dí que son insuficientes, ¿en relación a que? en relación a 20 anos de abandono presupostario SI, en relación ás posibilidades de execución presupostaria NO, en relación ó que recibiron outras partes do Estado ou de Galicia NO.

En definitiva, moita mala ostia e poucos argumentos, e por certo... en relación ós resultados electorais aconsello a lectura comparada das distintas comarcas da provincia da Coruña e poderase ver que os votos que faltaron non corresponden a Ferrolterra que votou ó PSOE como nunca no que vai de democracia, por algo será...