17 de agosto de 2007

Galicia insostible

Preocúpame imaxinar o pais que estamos construindo. Estamos inmersos nunha especie de carreira de investimentos, infraestructuras, cemento e megalomanías diversas nun pais que apenas ten tres millóns de habitantes, e polo tanto unhas capacidades de recadación tributaria limitada.
Recentemente falando cunha amiga holandesa que estaba de vacacións en Cedeira comentamos a iniciativa do Presidente Zapatero de apoiar a natalidade con 2500€ por fillo. Chocoume que ela o primeiro que se lle veu á cabeza foi "son moitos cartos" ¿de donde ides sacalos? ¿que imposto van subir?.
Expliqueille que se financiará con parte do superavit presupostario, pero o importante da reflexión da miña amiga é a preocupación pola sostenibilidade do sistema. Holanda é un pais pequeno e cando un goberno se plantexa unha iniciativa costosa a cidadanía reacciona esixindo explicacións sobre de donde van vir os cartos.
En España non é así, e en Galicia menos. Quizais sexa pola falla de conciencia colectiva en relacción ós impostos, quizais porque pasamos xeneracións de arbitrariedade tributaria (durante a dictadura o imposto máis importante era o da gasolina, e o IVA e o IRPF non existian, son inventos recentes), quizais polos fondos europeos que distorsionaron a percepción da relación entre impostos e investimentos e servicios públicos. O certo é que a nosoutros non nos preocupa de donde terán que sair os cartos para manter os servicios e o mantimento das infraestructuras.
Galicia está poñendo en marcha algúns proxectos de dificil sostenibilidade, e seguimos mantendo outros que levan anos dando perdas ¿non se vos ocorre ningún?
INVÍTOVOS A QUE ME COMENTEDES INICIATIVAS POLÍTICAS RECENTES OU PRETÉRITAS OU INFRAESTRUCTURAS QUE PODEN RESULTAR INSOSTIBLES.
Eu direi algunhas en vindeiros comentarios.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Buenos días:

ASTANO:Seguro que aunque le dejasen construir barcos,nadie los compraria por ser demasiado caros.Por eso creo sería mejor privatizarlo.Que alguien con verdadera iniciativa y dinero crease un proyecto potente,especializado.
Tenerlo actualmente desaprovechado,con esas megainstalaciones si que es perder dinero y denuncia una carencia total de ideas e INICIATIVA.

Luego 2 puertos exteriores,¿Ferrol y el que se le antojo a Paco Vazquez?....que opinas

Otro despilfarro.Bueno,si paga el gobierno central,aqui la gente no va a protestar.

Xavier Carro Garrote dijo...

Si que é certo que ASTANO foi durante moitos anos improductivo ou deficitario, pero non tanto por estar desaproveitado senón pola situación do mercado de construcción civil internacional. Por moito que algún medio de comunicación o repita non é posible facer rendible ó asteleiro de Fene dentro da construcción civil, nin con Barreras nin con outras iniciativas.

Agora, dentro do mercado militar e gracias ós contratos de Australia si que vai a ser rendible.

Volvendo á cuestión da Galicia insostible, creo que ASTANO será agora máis sostible do que foi en moito tempo.

En relación ós portos de Coruña e Ferrol, si me parecen duas inversións que sendo paralelas no tempo e no obxecto deberían ter maior coordinación de cara ó seu funcionamento futuro.

Por certo, os que facedes comentarios anónimos, ¿porque non usades polo menos un pseudónimo? isto axuda a levar unha conversa. Gracias