19 de julio de 2007

Rajoy e a Ley electoral

Derrotado Rajoy no Debate do Estado da Nación, dedícase ultimamente, e xa era hora, a presentar propostas sobre materias diversas, supoño que na idea de que o ratista Juán Costa, vaia tomando nota para o programa electoral.

A semán pasada fixo unha proposta sobre política económica e fiscal. Non tibo moito éxito, xa que despois de afirmar no Debate que a economía vai ben gracias ó Goberno anterior, porque segundo él nada se fixo nesta lexislatura, non parece que teña moita credibilidade para presentar grandes novedades. Pero ademais é que non se atreven a dicir, nesta materia e noutras, o que realmente pensan. Por exemplo acusan ó Goberno de interferir na economía, pero non falan do proceso de privatizacións polo que colocaron ós seus amigos nas direccións de grandes empresas có obxecto de manter o "poder real", o económico máis alo das convocatorias e resultados electorais.

En materia de economía, estando ademais tan recente o aterraxe de Rato non ten Rajoy moito que dicir, quizais por esto se está a ocupar da Ley Electoral.

Escoitado tanto ó PP como ós máis variopintos tertulianos veraniegos, teño a sensación de que levamos 30 anos de democracia para nada, xa que parece como si tódolos resultados electorais fosen ata o de agora ilexítimos.

Pero bueno, imos analizar con detenimento a materia. Primeiro respostemos á pregunta:
¿Ten o noso sistema electoral algun efecto perverso que necesitemos remediar?

Para Rajoy é o tema das maiorías parlamentarias compostas por varios partidos. En calquera caso esta cuestión non se resolve cunha Ley, nin coa limitación de gobernar ós que non acaden o 30%. Dependendo do ámbito podemos facer que algunhas institucións sexan ingobernables. Porque o asunto non é só saber quen é Presidente ou Alcalde, é que si defendemos unhas institucións democráticas logo terán que ser os Parlamentos ou as Corporacións os que aproben as cousas por maioría. ¿E como se fai esto si quen preside non ten maioría parlamentar? ¡Con pactos!.

Imaxinade na Xunta de Galicia, o PP tería a Presidencia da Xunta, pero para cada iniciativa de Goberno debería pactar có PSOE ou có BNG, ¿E si non hai pacto? ¿Repetiríamos as eleccións ata que alguén ganara por maioría absoluta?. Penso que é unha temeridade.

Si hai outros efectos perversos da Ley electoral, dos que o PP non fala. ¿Porque costa máis votos un escano en A Coruña ou Pontevedra que en Lugo ou Ourense?. Si a asinación de escanos fora proporcional pura, o PP en Galicia non tería 37 escanos, tería menos, e incluso o expresidente Fraga non houbera ganado algunha das eleccións que gañou.

Simplemente creo que a proposta de Rajoy non é honesta, está pensada só para deslexitimar os pactos que os perxudican e para transmitir a perversa falacia de que son máis lexítimos unhos gobernos que outros.

Pois non, os pactos entre partidos son lexítimos, e digo máis, democráticamente desexables. Dentro da esquerda ou da dereita pode haber sensibilidades políticas distintas que confrontan as súas propostas donde toca, nas eleccións e fronte ós cidadáns, e logo os partidos deben facer gobernables as institucións conformando maiorías estables suficientes, ben en solitario si os cidadáns lle outrgan maiorías suficientes ou ben a traves de pactos de goberno explícitos e claros.
Outro modelo é o do bipartidismo Americano donde asistimos ó triste espectáculo mediático das precampañas de recaudación de fondos, proceso que coloca a tódolos contendientes sometidos ó poder económico e non á vontade dos cidadáns.

Finalmente, a pesares de que efectivamente o noso sistema electoral, igual que todos, teñen desaxustes, eu non son partidario de grandes modificacións. Non nego a posibilidade de pequenos cambios, pero non creo nas maiorías automáticas forzadas pola lei, nin nas segundas voltas Ad Personan.

O noso sistema electoral elaborouse durante a transición (que por certo tanto alaba Rajoy, e tanto acusa a Zapatero de querer romper), para permitir maiorias con certa facilidade e ó mesmo tempo dar protagonismo a determinados partidos de ámbito autonómico que resultaban, e seguen resultando fundamentais para o funcionamento do Estado.

Só poido concluir que a proposta de Rajoy soa á actitude infantil dun neno que perde nun xogo e pretende modificar as normas para poder gañar. Mal rollo.

1 comentario:

DELFÍN dijo...

Estou dacordo contigo; posiblemente a lei electoral non teña fallos senón que está necesitada de certas "posta a punto". A sociedade tense que ver reflexada nun abano de opcións políticas, e son logo esas opcións as que teñen a lexitimidade para pactar en coalición ou con acordos puntuais. Os que encabezan esas opcións son os responsabeis de dar a cara ante o electorado e logo é este quen ten que analizar.
Ó meu entender falta cultura política, cultura crítica; pero claro, si a actual oposición non a exerce-non sabe-non quere, mal vai. Temos que facelo nós ainda que eles berren máis,.... Por que: "Non por moito berrar tes máis razón".
Saúdos.