4 de julio de 2007

Crónica do Debate do Estado da Nación

Antes do debate existían tres escearios posibles, que Zapatero ganara claramente, que Rajoy ganara claramente ou que o resultado fora de empate. Destas tres opcións a Zapatero só lle servía a primeira, mentres que Rajoy ganaría tanto en caso de empate como de clara victoria.

O lider do PP partía, xa que logo, con ventaxa, e ademais contaba coa súa arma máis mortífera: o aire de menosprecio cara ó Presidente do Goberno.

Comenzou o Debate cunha intervención de Zapatero na que foi explicando con eficacia os logros do Goberno, especialmente destacables en emprego, situación económica, mellora da protección social e mellora dos dereitos dos cidadáns. Acadou o momento máis rotundo cando afirmou que nesta lexislatura demostrouse que se pode crear riqueza e distribuir os beneficios do crecemento simultaneamente, e que incluso é a propia distribución da riqueza a que fortalece o crecemento.

Na súa primeira intervención o Presidente fixou posición sobre o terrorismo, afirmou que rematará a lexislatura, marcou as prioridades para a vindeira lexislatura e comprometeu unha medida concreta en beneficio das familias, segundo dixo, porque o debate debe servir ós cidadáns e non só á confrontación política.

Rajoy entrou a matar dende o principio, desacreditando os éxitos económicos do Goberno e atribuíndollos á inercia do Goberno Aznar, e acusando ó Goberno de non ter criterio, de non ter un Plan de Acción, en definitiva de non gobernar. Ó mesmo tempo, e dun xeito claramente contradictorio có anterior, acusou ó Goberno de crear novos problemas coa súa acción en política territorial, política exterior e sobre todo có terrorismo. Neste asunto Rajoy superou tódolos límites esixibles ó senso común, acusou ó Presidente de mentir, de pactar con ETA ás agachadas, de entregar Navarra etc. E como proba de todo esto pideu as actas das negociacións con ETA. Teño que confesar que pensei que él mesmo aportaría tales documentos no transcurso do debate, pero non o fixo. O porque non o sei, pode ser que as teña e non quixera facelo, quizais para deixar que un medio de comunicación nos ilustre coa súa vindeira campaña unha vez que está rematado o 11M, pero si non as ten ¿Que senso ten reclamalas?

Sobre as actas quero poñer un simil laboral, imaxinade as actas de negociación dun Convenio que finalmente as partes non asinan, ¿para que valen?¿que máis da o que digan? Si ó final non houbo acordo son papel mollado, poden recoller ou non acordos parciais, poden recoller ou non os desacordos que diron lugar á ruptura, pero non serven para nada porque o proceso acabou sen acordo. En calquera caso, si tales documentos existen, en calquera país normal ese tipo de documentos tardarían 50 anos en desclasificarse. ¿Como pode unha persoa que aspira a ser Presidente do Goberno facer tan irresponsable petición?

Non me sorprendeu a dureza, incluso a mala educación de Rajoy, pero non poido entender como despois de salvar os muebles nas eleccións municipais e autonómicas gracias a Madrid e Valencia, non aprobeitou este debate para presentarse ante os cidadáns como unha alternativa de goberno. Non fixo nin unha soa proposta, non ofreceu ó goberno nin un só consenso en materia algunha, simplemente renunciou voluntariamente a liderar unha alternativa de goberno.

Nas réplicas Zapatero estibo brillante, empezou por baixar a Rajoy do seu pedestal, dende o que tanta mofa ten feito do Presidente, colocouno ante a súa crua realidade, díxolle que o seu estilo era faltón, e calificouno como un político gris do que naide recorda ningunha iniciativa destacable dende os distintos postos que ocupou, só lle recoñeceu un record, chegar a unhas eleccións cunha maioría absoluta e pasar á oposición. "Quen é vostede para dar leccións de nada a este goberno e a este Presidente".

Unha vez embaixo do pedestal da insolencia Rajoy xa era vulnerable, e Zapatero puxo en evidencia durante as réplicas que o lider da oposición nin manexa os datos económicos, nin conoce a acción do Goberno máis aló de varios tópicos, e o peor, que carece absolutamente de alternativa. Cada novo turno confirmaba a tendencia dun Rajoy derrotado e desorientado fronte a un Zapatero seguro e convincente.

Finalmente Rajoy perdeu a ocasión de ofrecer ó goberno un consenso sobre o terrorismo ainda que fora condicionado, de esixir cambios concretos nas políticas do Goberno, e sobre todo perdeu a ocasión de presentar propostas ante os cidadáns. Só soubo falar de medos, de rencores, de odios, de pasado e de crispación.

Os medios de comunicación dirán o que queiran, algúns xa tiñan escritas as crónicas antes do debate, outros para non verse obrigados a mentir dirán que o debate tibo pouco interes e dedicarán espacios mínimos nas súas páxinas, pero os que estibemos alí sabemos o que pasou.

Para rematar quero facer mención ás palabras de Zapatero sobre os asteleiros, explicou o que se fixo, o acordo cós sindicatos e con Europa, as medidas de reindustrialización e a consecución dos contratos con Austrália. Nese momento este modesto diputado ferrolano aplaudeu ó Presidente posto en pé.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

tambien te pusiste en pié al votar no a la resolución que instaba al gobierno a comprometer partidas presupuestarias para que en 2008 empiezen las obras ferroviarias Ferrol-uxes y que así quedara amarrado este tramo?

Xavier Carro Garrote dijo...

Meu rei, as resolucións sonche unha cousa e os presupostos outra, e os presupostos aprobaranse no seu momento, en decembro.

Ata o de agora tódolos presupostos deste Goberno superaron con moito as inversións dos anteriores, e sempre foron suficientes para acometer as obras e proxectos necesarios para Ferrol e Comarca.

yaya dijo...

UNa vergüenza lo que tu aprtido le ha hecho a Enrique León en Vilagarcía

Modesto Pose Dimisión

Anónimo dijo...

¡Tampouco é a cousa como para botar foguetes!......hai unha cousa que se chama crecemento vexetativo, que máis ou menos ven a ser a diferenza dos presupostos, tendo tamén en conta a incidencia do euro no custo da vida e o desmán que levou a unha carestía da vida e da merma da capacidade adquisitiva dos cidadáns, Señoría. Os números da macroeconomía son o que son, pero cando se trata da economía real, da micro, da cesta da compra, etc. a cousa vai por outros camiños...
Obras e proxectos necesarios para Ferrolterra fan falla moitos máis se é que de verdade vostedes pretenden poñé-la a altura doutras zonas xa non do Estado senón de Galiza. Vostede sabeo moi ben e nós tamén.....

Anónimo dijo...

otra gran noticia para Ferrol: El estudio inicial del AVE a Ferrol se demorará hasta finales del 2009
Fomento adjudica por 24 meses el tercer informe e incumple una petición del Congreso