Esta é a verdadeira preocupación do PP, que os cidadáns lles collan medo.
A súa extratexia de cabreo, crispación, insulto e menosprecio pretende ocultar a acción de Goberno, e o certo é que o consegue en parte, pero tamén oculta a proposta política que a oposición debe contrapoñer ó Goberno. En definitiva non hai proposta nin proxecto político alternativo, só hai ameazas e caos.
Sí se ve esa ánsia de rebancha no actual PP a tódolos niveis.
Si que é certo que moitos votantes de dereita moderada ou de centro, que votaron por Aznar no 2000, dándolle a maioría absoluta como premio a unha lexislatura de diálogo social, de diálogo parlamentario e de bos resultados económicos xa recelaron dun Goberno que nos levou a unha guerra ilegal, que nos puxo no punto de mira do terrorismo internacional.
Recelaron dun Goberno que entre o día 11 e 14 de marzo minteu sobre o atentado de Madrid, e recelan dun partido que xunto con algun medio de comunicación manteñen ata o absurdo unha teoría conspirativa na que ETA, as forzas de seguridade do estado e o partido que entonces estaba na oposición "organizaron un vuelco electoral", como si os electores foran tontos ou susceptibles de seren enganados (esta creencia delátaos).
E convencidos desta presunta endeblez do electorado, que non comparto en absoluto, pretenden utilizar o terrorismo de ETA, que por certo está nos niveis máis baixos da súa historia en atentados, coaccións e kaleborroca, para producir no electorado outro "vuelco" que lles devolva o que pensan lles corresponde, non sei si por concesión divina derivada do nacional catolicismo.
Neste clima de loucura política, nada se pode decir con máis razón e con máis perigro para o PP, efectivamente, estanse a converter nun partido político que non transmite confianza ós cidadáns, senón medo, que non se percibe como capacitado para gobernar no interes xeral dos cidadáns senón có ánimo de rebancha, e ademais, que non ten un proxecto político claro, xa que incluso os seus postulados máis contumaces foron desmentidos polos feitos:
- Anunciaron ó principio da lexislatura paro deficit e corrupción có novo Goberno e hay máis emprego que nunca, superavit e a corrupción está especialmente nos concellos do PP e no urbanicidio.
- Rexeitaron o estatuto catalan e logo aceptaron o mesmo contido no andaluz, no balear e no aragones, deixando a Galicia sen reforma estatutaria por mor do escaso peso político de Nuñez Feijoo.
- Anunciaron un desastre para España por abandonar ós EEUU na guerra de Irak, e agora son americanos quenes non saben como sair do desastre.
Pero este asunto do boicot a PRISA representa cualitativamente un paso tan antidemocrático que case é antisistema. O peor é o motivo polo que xustifican o boicot, o motivo é a expresión por parte do Sr Polanco da súa opinión, din que un ataque ó PP; ¿cantos ataques recibe diariamente o Presidente do Goberno, o Sº de Organización do PSOE, Pepe Blanco ou o Mº Rubalcava en determinados medios?, e incluso o propio Mariano Rajoy a quen chaman Maricon-plejines, sen que naide se plantexe medida de presión algunha nin con eses medios nin cós seus donos, para máis señas a Conferencia Episcopal, con quen o Goberno está chegando a acordos incluso económicos sen que se nos pase pola cabeza poñer condicións de ningún tipo.
¿Quere esto dicir que os políticos, que representamos ós cidadáns debemos castigar a aqueles medios que non satisfacen o noso ego?¿Que clase de sociede se pode construir dende eses postulados?¿Como non van a ter medo os cidadáns a un Goberno dirixido con eses principios?¿Acaso sería unha volta ós telediarios de Urdazi?
Por favor, un pouco de sentidiño, en política pásanse momentos mellores e peores, e sempre nos parece que os medios non reflicten con exactitude o que pensamos ou facemos. Pero eche así, porque os medios son , ou deben ser autónomos do poder político, porque representan outros intereses, ás veces erixíndose en portavoces dunha "opinión pública" que non temos por que compartir, ás veces directamente en representación de grupos económicos ou ideolóxicos determinados, pero a xente ben che sabe o que hay, a xente sabe ler e entender. Son opinións ou opcións en todo caso que debemos respectar o mesmo que a opinión de calquera persoa individual.
Eu mesmo neste blog leo e publico comentarios que me critican persoalmente, a min, ó meu partido e ó Goberno que sustento como Diputado, pero como dicia nunha contestación a un comentario recente:
"Sempre detras dunha crítica hay unha parte de razón, por eso non só non me estorba ningún comentario neste blog, senón que maniféstome gratamente sorprendido polo tono e polo contido de todos eles"
2 comentarios:
No entiendo lo que dice vd, señor. Entre Polanco y Pepe Blanco, elige cheque en blanco:
http://www.chequeenblanco.com
No hay duda.
Acaban de cumprirse catro anos dunha das aventuras mais alucinantes e inimaxinables da historia da humanidade. A historia dun bombardeo pirómano aplicada sobre o principal polvorín da terra. Os dous estados mais poderosos e mellor informados do planeta invadiron un pais musulman por motivo sde rapiña e de paso tentar cambiar a estrutura xeopolítica da zona. Todas as razón que deron foron falsas, e eles sábeno ven porque as foron inventando e construíndo. A invasión de Iraq foi un paseo implacable da mellor tecnoloxía bélica aplicada a unha dictadura cutre. Daquela en España gobernaba o PP con Aznar na cabeza, que apoiou esta tropelia cor armas e bagaxes, e tiña unha cola de intelectuais e opinadores, dando a volta a mazá, que querían colaborar coa FAES.
Naquel intre a política exterior española dou unha viraxe alucinante con aires imperiales e Aznar corre a declarar a guerra a Irak, colaborou e aplaudeu a invasión. Aznar parecia Midas, ate falaba catalán na intimidade. Que risa me entra cando o penso. Entretanto preparabase o atentado do 11-M, e as cabezas pensantes e mandanates do PP amosaron a sua incompetencia, e si ese mequetrefe con cara de cura meteman a nenos de Acebes, tivera un chisco de dignidade e puxera o cilicio no cerebro, para que se lle activara un pouco, empezaría as suas intervencións cunha disculpa os cidadáns. Declararon a guerra a Irak e ahí siguen, como se non pasara nada. Unha panda de incompetentes sumada a sua irresponsabilidade. Declararon unha guerra infame, baseandose en mentiras, e foronse a xogar cas proxeccións electorais. E como sempre caeron os mais inocentes.
De todo isto sae a teoría da conspiración, que nace destes tres mandatarios (Aznar, Rajoy e Acebes), corruptos e incompetentes. Non poden admitir o que pasou porque entón so lles queda dimitir, cesar e avergoñarse. Siguen ca sua mentira para tentar dormir ben. ¿Como o gran estadista Aznar vai asumir que promoveu o maior problema humnao e político do mundo actual? ¿Qué a guerra provocou o atentado mais cruel da nosa historia? ¿que a ineptitude dese goberno, de Acebes como responsable de interior, fixo posible esa matanza?
O que define a política actual do PP non é a crispación, é a ansiedade. Tiñan garantida a continuidade no poder e neganse a crer que unha pandilla de moros impresentables e incultos déronlle nos fuciños. Esto é o que lles doe. Os cidadáns negaronlle o dereito de gobernar, por engreidos e ineptos.
Publicar un comentario