13 de marzo de 2007

10 de marzo Madrid-Ferrol

O pasado sábado foi como é sabido día 10 de marzo. Unha data que en Ferrol e tamén en Galicia ten un fondo significado de loita antifranquista, de reafirmación do feito sindical e da causa dos traballadores. Xa non están os tempos no eido laboral como para provocar aquelas convulsións sociais e movilizadoras, existen por suposto conflictos laborais, reivindicacións sindicais pendentes, pero dende os sindicatos soúpose axustar os métodos de loita ós tempos.

hoxe sabemos, intuimos como evolucionarán os conflictos laborais, porque existe un modus operandi pautado, en parte pola aparición de servicios concertados de conciliación e arbitraxe, como o Consello de Relacións Laborais ou dentro del o AGA, pero tamén porque existe un xeito de facer as cousas, unha especie de normas de "cortesía do conflicto" que permiten ás partes enseñar os dentes sen consumar a trabada.

En definitiva o que foi o gran factor de movilización social dos últimos anos da dictadura e dos primeiros da democracia, a conflictividade laboral civilizouse, e o que neses anos era motivo do famoso "consenso" converteuse agora en motivo de controversia pública e en causa de grandes movilizacións.

Porque si, efectivamente o 10 de marzo foi o día escollido polo Partido Popular para mobilizarse contra a política antiterrorista do Goberno. Non sei si merece moito a pena insistir nas contradiccións do PP neste asunto, nin na burda manipulación coa que usurpan valores e símbolos que deberían ser de todos, SIMPLEMENTE ME PREGUNTABA ¿CANTOS DAQUELES MANIFESTANTES XUSTIFICARÍAN OS FEITOS DO 10 DE MARZO DO 72?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

De verdad, caro amigo, no se que tiene que ver el culo con las temporas, o en castellano, la celebracion del 10 de marzo en Ferrol con la manifestación de Madrid. No hay duda que ha sido un duro golpe contra Zapatero , que noqueado ni aparece ni habla .
La comparecencia de hoy de Rubalcaba , en lugar del escondido Presidente, un insulto a la inteligencia ,si no estuvo presente lea la contestación de Zaplana , no tiene desperdicio .
Con relaciona los símbolos de todos, por favor no haga demagogia, la bandera nacional es de todos, lo que pasa es que cuando ustedes se manifiestan suelen utilizar otra con tres colores, ¿podría decirme el motivo?

Anónimo dijo...

REGANOSA CENSURA SILENCIO Y COMPLICIDAD