Un manifestante, na convocatoria do Foro de Ermua contra o terrorismo, invitaba explicitamente a ETA a que postos a matar empezaran por Pepe Blanco. Acebes decía que era un feito aillado, pero como se colle antes a un mentiroso que a un coxo, e encima de mentiroso Acebes está coxo, non tardou nada a SER en colocar en antena outras moitas amenazas vertidas contra Pepe, Zapatero, o Goberno etc.
Triste resultado dunha estratéxia política. O PP, alimentando a crispación e enardecendo os comprensibles pero inaceptables sentimentos de venganza das víctimas, consigue o mesmo resultado que teoricamente condena.
Poucas cousas me parecen tan execrables, e tan crueis como impoñer un entorno de presión social e ameaza sobre as persoas e as súas familias por mor das súas ideas ou da súa responsabilidade representativa. Esto é o que ETA e o seu entorno fixo durante anos cós non nacionalistas en Euskadi e con cargos de representación en todo o Estado.
Contra esto se revelou unha marea humana despois do atentado de Miguel Angel Blanco. E desta rebeldia cívica contra a ameaza o chantaxe e a morte naceu o chamado espíritu de Ermua. Pero as institucións e organizacións non teñen prestixio per se e para sempre, deben acreditalo con coherencia e traballo. Dende o meu punto de vista, a semente de odio que o PP está plantando no Foro de Ermua e na AVT está desacreditando un espíritu de loita cívica democrático que nos facía moita falta, e coloca, cando menos a algúns dos seus seguidores na mesma posición e nos mesmos métodos que din condenar.

5 comentarios:
Me gustaria saber si la condición de que el blogger debe aprobar los comentarios para su publicación , es la implantacion de una
velada censura para cribar lo que no le guste aunque sea verdad .Si aun respetando lo que publica el blogger , eso na da derecho a que se publiquen las criticas, sobra el blog ,pues no ampara la libertad de expresión .Debería clarificarlo para saber a que atenernos .
Pois ahí che vai o meu comentario:
Aínda que xa o fixen porque foi o primeiro que se me ocurreu cando escoitei a nova pola radio cando ía para traballar pola mañán, o caso é que agora máis que nunca é preciso apoiar a Pepe Blanco ou iso creo na miña modesta opinión.
Paréceme moi ben o teu comentario ó respecto, compártoo todo e por iso esta nota.
Seguide sen baixar a cabeza para nada e loitando por esa liberdade racional que buscamos todos os españois de ben dende unha esquina a outra do mapa.
Pois aquí vai o meu comentario para dicir que comparto en todo a túa opinión e expresarvos o meu apoio nestes días. Seguide buscando esa liberdade racional que queremos todos os españois de ben dende unha esquina a outra do mapa, pero buscade tamén a maneira de evitar esa liberdade desmesurada que teñen algúns (aínda que xa sei que iso é moi difícil).
Creo que o usuario anónimo que se preocupa tanto pola censura pode comprobar que neste blog aparecen tódolos comentarios que se escriben, tanto os críticos como os demas. En todo caso, intento contestar a tódalas críticas e comentarios en xeral.
Si algunha vez un comentario tardou en publicarse foi debido a demoras na xestión deste blog pola miña parte, pero sempre se publica todo.
A verdade é que dixen ó principio que non publicaría comentarios ofensivos ou insultantes, pero, de momento non se deu o caso de ningún que cumprira tales condicións.
Cómo persona todos los insultos vertidos en contra del Presidente Zapatero y del Secretario de Organización Pepe Blanco me parece que descalifican a quienes los dicen, pero más despreciables son los instigadores, digase ese innombrable ASPIRANTE A COMENTARISTA, lo cierto es que los profesionales del periodismo y la información estarán que preocupados escuchando ciertos programas, el PP todavía hoy TRANSCURRIDOS CASÍ TRES AÑOS, no encajo que los españoles decidimos retirarles la confianza, mintieron en la NO HUELGA GENERAL, mintieron en la GUERRA de IRAK, de no haber intervenido en esa absurda guerra, seguro que los atentados del 11M no se hubiesen producido, por lo tanto, al señor Aznar habría que juzgarlo ante un tribunal internacional y con él a Bush y no nos olvidemos de Blair, si alguien lo duda que le pregunte a las familias que tenían hijos en esa GUERRA, COCINADA PARA QUE EL SR. BUSH PAGUE FAVORES.
Publicar un comentario