12 de enero de 2007

Presentación das Axudas do Plan Ferrol 2007

O vindeiro martes 16, ás 12 da mañán, terá lugar en FIMO un acto de presentación das Axudas do Plan Ferrol correspondentes ó ano 2007.

Asistirán, o Director do IGAPE, José Antonio Delgado , o Director General de Desarrollo Industrial do Ministerio de Industria, Jesus Candil e o Presidente da Asociación Impulsora do Plan Ferrol que agrupa a Sindicatos, Confederacións de Empresarios e Cámara de Comercio, Julio Abelleira

Ó acto, que será aberto a quen queira asistir están especialmente invitados os empresarios e autónomos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, as entidades bancarias, as empresas que prestan servicios de Consulting e os medios de comunicación.

Presentaranse tamén os resultados definitivos das axudas do ano 2006, aportando datos sobre emprego creado, investimentos totais e distribución por concellos.

No hay comentarios: