29 de enero de 2007

Adiós, estatuto adiós

Xa non temos reforma estatutaria para Galicia. Os tres líderes dos partidos con representación parlamentaria pasaron seis horas para escenificar o fracaso.

Cada un dirá o que queira, pero que non se chegue a un acordo por discrepancias no PREÁMBULO que non ten valor legal, manda truco. Ademais, o texto que propuxo o Presidente Touriño e que Quintana aceptou era sacado dunha Lei en Vigor, da Lei de Símbolos de Galicia.

Por certo, esta Lei de Símbolos foi aprobada polo Parlamento de Galicia daquela que o señor Rajoy era Vicepresidente da Xunta. polo tanto, ¿por que non lle vale ó PP o que ten votado o seu lider?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas, Xavier,corren malos tempos para a política, en vez da lírica como di unha canción de fai un tempo.A xente está cansa da política de facer e desfacer,discutir como se chamará o estatuto, si será ceibe ou non, si entra ou si sale, darlle tantas voltas a cousas que a xente só importalle o contido,por poñer un exemplo unha gamba, o de fora se tira , importa o de dentro, dacordo que o PP non coopera nin con eles mesmos , pero o BNG ,tampouco o pon nada facil, sin poñerse ninguén dacordo non se pode facer nada, ésto tamen pasa a nivel nacional.Esperemos que veñan mellores tempos para a política, con políticos que pensen por e para o pobo.

Anónimo dijo...

O 80 por cento dos políticos non pensan, e moito menos por e para o pobo. Só pensan pra éles, e se non me cree, bótelle unha ollada o panorama político e xa verá como se
convence moi axiña.

Xavier Carro Garrote dijo...

Robustiano queixase do panorama político, e non me estraña, penso que con este clima de crispación, que non se sabe si se deseña dende a calle Génova ou dende algún medio de comunicación, estase a transmitir ós cidadáns unha realidade distorsionada.

Obxectivamente non existen motivos para semellante clima. Durante a tregua acusaron ó Goberno de ceder ante ETA tódalas súas pretensións. Simplemente, non era certo,pero non escoitei ó PP ningunha rectificación.

En relación á situación política, recordade a última lexislatura de Aznar na que non recibía ós presidentes de CCAA socialistas na Moncloa. Fronte a esto, Conferencia de Presidentes.

A situación económica e de evolución do emprego é a mellor nos últimos 30 anos, e sobretodo, estamos ante a lexislatura de maiores avances no eido social, non só a Lei de Dependencia que por si soa xustificaría unha lexislatura, senón outras moitas medidas que emanan dos perto de 20 acordos sociais.

Visto todo esto, comprendo a túa desazón, Robustiano, pero poido asegurarche que para levar adiante cambios e avances tan profundos, os políticos do PSOE, e de outros grupos que están apoiando ó Goberno, algo pensamos. E os que dende o PP planifican unha dinámica sostida de crispación, descalificacións persoais ó Presidente do Goberno, acoso partidario á xusticia e deslexitimación das institucións básicas do Estado, asegúroche robustiano que pensan e moito, ainda que como ti dis non para o ben común e o benestar dos cidadáns.

Anónimo dijo...

Pois eu, Sr. Carro, estou dacordo con vostede no 95 por cento do que dí, e dos do PP nin me fale porque éses non hai por donde collélos, agás atálos con un adival ben forte
pra que nos se desmanden tanto e tamén lles faría falla que lles puxeran unha cremallera na boca pra ver se así non decían tantas sandeces, calumnias, improperios e outras lindezas polo estilo ou moito pior.
Pro inda así lle digo que hai moitos políticos, ben sei que esaxerei o decir o 80 por cento,que só pensan neles mesmos i os demáis que lles den....
Vostede siga traballando como ata agora que con iso xa abonda.