14 de diciembre de 2006

Novas axudas do Plan Ferrol

Hoxe saeu publicado no BOE a Resolución do Ministerio de Industria que regula as axudas á reindustrialización para o ano 2007. Cumprese un ano máis o compromiso do Goberno de Zapatero con Ferrol neste aspecto tan importante.

As axudas son para infraestructuras e proxectos industriais emprendidos por empresas, públicas e privadas, para concellos, entidades sen ánimo de lucro e asociacións empresariais. principalmente son cretos, ainda que tamén hay axudas a fondo perdido. Este aspecto foi criticado xa durante o ano 2006, din quenes o fan que "total hai que devolvelo" polo tanto non é axuda.

Quenes así pensan deberian ir a un banco a preguntar canto suman os intereses de 15 anos e canto costan cinco anos de carencia. Non é certo que non supoñan cartos para os solicitantes, é moito diñeiro contante e sonante que se aforra ano tras ano durante os 15 que dura o creto.

Resumíamo con claridade un dos empresarios que recibeu axuda deste ano 2006, "o que ganamos e tempo" "estas axudas estan pensadas para os que temos vontade de durar polo menos 15 anos, non valen para os que buscan as suvbención para quedarse cós cartos e pechar".

Hai quen me dí que deberíamos dar máis publicidade a estas axudas, que ainda que os empresarios as coñecen, a opinión pública non sabe moi ben o que son nin a importancia que teñen. Seguramente sexa certo, pero nada me horroriza máis que emular a Zaplana e as súas campañas de subida das pensións que costaban mas que as propias subas.

Teño confianza en que esta nova forma de facer as cousas, cumplindo os compromisos sen obsesionarse pola propaganda será finalmente mellor valorada polos cidadáns.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Feita a Ley feita a Trampa e así que collan os cartiños desaparecen do mapa e todolos demais a pagar pra éles, nin 15 nin 50 anos, elle coma o conto das responsabilidades dos constructores, dos vicios ocultos da efdificación, etc.etc.
A CHUPAR DO BOTE e a non pagar nin impuestos nin Seguridade Social ainda que os empregados SI llas descontan.....O CONTO DE SEMPRE

Xavier Carro Garrote dijo...

Que facil é falar deste xeito, descalificando todo con puros tópicos. Para afirmar estas brillanteces:"feita a lei feita a trampa""collan os cartiños e desaparecen do mapa", non fai falla coñecer a realidade; ¿Ou coñece vostede a algún dos empresarios que se están acollendo a estas axudas?.

Non vos parece que podemos aproveitar a oportunidade que nos brinda un medio como este para facer aportacións un pouco máis meditadas. Seguro que hai cousas que podemos mellorar, pode que o mesmo que escribe este anónimo tan tópico e catastrofista, teña unha idea para emprender un proxecto de traballo autónomo ou empresarial. Contanos esa idea e ponte a traballar nela, e si estas axudas che sirven será para min unha satisfacción, porque este é o sentido que para min ten a actividade política.

Anónimo dijo...

Don Xavier, o que pasa e que o 99 por 100 dos galegos somos tontos e por enriba chupamos o dedo, motivo polo que pensamos así....que se lle vai a facer. Pra listos os do PP, IF i algún que outro sociolisto...o resto parviños de remate vaia.

Anónimo dijo...

Teño unha idea empresarial de moito
calado: facerlle un monolito de 1000 metros daltura no medio da Praza Roxa da sua Vila a Don Leopoldo Rubido Ramonde que ben o merece por todo o que leva feito por o seu pobo. ¿Cántos cartos poido pedir a fondo perdido?

Xavier Carro Garrote dijo...

Pois vai ser que si sacas os do PP, os do PSOE e os de IF non che vai quedar o 99%. Só che falta decir si eres do BNG ou de EU.

Bromas aparte, non creo que se necesite ser tonto para escribir, como decia antes "brillanteces". En todo caso descreido ou pesimista. Claro que si o pesimismo ben dun realista ben informado hai que calar, pero para demostrar esta condición compre aportar información, reflexión e coñecemento. Do contrario a credibilidade sitúase baixo cero.

Anónimo dijo...

Don Xavier, tampouco compre poñerse así home. Os que hai que sacar soamento son os do PP, IF e pode que unha ou duas ducias de elementos camuflados baixo a siglas do BNG, PSdG ou EU, que o único que lle aportan a eses grupos políticos e CERO PATATERO como mal menor, inda que as veces chegan incruso a restarlle e facerlle fraco favor os que temos o corazón no sitio donde debe estar:NA ESQUERDA (en Medidiña soese decir NORMOCONSTITUIDOS)e os do PP, IF, Montejurrescos, Blas Piñarescos & Co. dígolle eu que teñen TARAS, míreos por donde os mire.....

Anónimo dijo...

Yo tengo espíritu emprendedor y empresarial Sr. Carro. ¿Cuánto dinero me podrían dar a fondo perdido, naturalmente, para erigir un monumento de 1000 ms de altura, 100 ms. de ancho y 200 ms. de largo en medio de la Plaza del Sagrado Corazón (Plaza Roja-Cedeira) en homenaje al Alcalde Perpetuo y a todos los que contribuyeron a salvar Cedeira de las hordas pesoísticas, bloquistas, comunistas y en general a todos los no somos de su
cuerda.....
No lo censure porque yo sea muy IZQUIERDOSO, nací así, que le vamos a hacer.

Unknown dijo...

Don Xavier, imos falar dos topicos. Onde van os cartos que se prestaron a Eshor para crear catro postos de traballo e posteriormente realizar un ERE do 50 % da plantilla. Vostedese pensa que todos somos tontos ou que.

Xavier Carro Garrote dijo...

En contestación a Javier, os cartos están investidos nos elementos dos que constaba o proxecto que se presentou ó Ministerio de Industria, pero como son creditos, ou a empresa cumpre e os devolve no prazo marcado, ou senón o Ministerio executa o aval, asumindo o pago a entidade financienra coa que a empresa o teña contratado. Non te preocupes, non se perde un peso.