Recentemente insertei unha entrada no foro de RADIOCEDEIRA có obxecto de propoñer unha iniciativa popular para levantar un monumento a José Antonio Bellón, coñecido por Aires de Breixo.
Trátase dunha figura única en Cedeira e escasa na comarca, un excelente representante dos Gaiteiros rurais autodidactas que mantiveron a súa actividade durante todo o franquismo. Tocaba en técnica pechada cun tono enteiro entre as duas notas máis graves, ó xeito doutras gaitas europeas, pero distinto ó que hoxe se estandarizou na Gaita Galega.
Pero quería contar unha anécdota deste home pequeno de estatura e inmenso de corazón.
Nunha ocasión, alo polos anos cincuenta, as forzas vivas do réxime en Cedeira decidiron formar unha comitiva, coller o coche da linea que chamaban "chamborilé", (no frontal poñía chevrotel), e ir á Coruña a ver un desfile del Caudillo. Xuntaron comidas e merendas, pero faltáballes diversión e foron buscar a Aires de Breixo para ter de quen se rir no viaxe.
Decíame a min o Gaiteiro cando mo contaba, "quen ia decir que non ós que facian as listas dos fusilados". No camiño este pobre home sufreu cantas humillacións se poden facer a un Gaiteiro, ou quizais a o que eles consideraban un bufón.
Ó chegar á Coruña puxéronse na beira da acera esperando o paso do dictador no seu coche descapotable rodeado do séquito militar e relixioso, pero ó chegar á súa altura comezou a caer unha chaparrada destas rápidas e fortes do verán. O noso Gaiteiro reaccionou ó instante, sacou a súa gaita e comenzou a tocar o himno español. O coche de Franco detívose ante a música de Aires de Breixo e o generalísimo ergueito e brazo en alto saudou a interpretación.
Os anfitrións de José Antonio berrábanlle "para, para, que se molla Franco" pero el seguiu un bó rato ata deixar o labor feito.
Decíame o Gaiteiro, "ti sabes o que foi aquilo, ver firme, mollándose, diante de José Antonio de Breixo ó que máis mandaba en España".
Por que este home o merece, e porque é dos nosos, pídovos apoio á iniciativa. Gracias

4 comentarios:
Vostede xa o dixo. e moi ben, un home pequeno nembargantes un GRAN HOME.....e conta co meu apoio incondicional pra arrimar o hombro no que poida en pro de DON XOSE ANTONIO BELLON (Aires de Breixo, e
tamén algúns lle apodaban ABETUÓ por decir desa maneira a frase 'haber tú home' creo).
Un homenaxe ben merecido e polo que o felicito a Vostede Don Xavier porque ahí sí me demostrou que na esquerda do seu peito ten o que todo bon nacido debe ter: O CORAZON. Por algo e de Esqueras...
Un Dez pra vostede por esta iniciativa.
Asinus Vulgaris Painceirensis
¿Qué les pasa a los de Cedeira?
Ni siquiera tienen la sensibilidad mínima para apoyar una iniciativa que lo único que trata es de hacer un reconocimiento público a uno de los suyos.....
¡El nivel cultural e intelectual debe de andar muy decaído por sus tierras Señoría! ¿Será porque la cultura queda reducida a tomarse unos chatos por los bares y de ahí no pasa?. Da la impresión de que el GAITERO DON JOSE ANTONIO BELLON no era de la pseudo-jet set de Cedeira.....
¡Si ese Señor fuese uno de los CACIQUES de su pueblo seguro que correrían más de quinientos para apoyar su iniciativa y para salir en la fotografía!
¡Da pena, pero mucha pena, que un pueblo tan hermoso tenga unos habitantes tan poco agradecidos!
Os da sua Vila, Sr. Garrote, antes de facerlle un monumento o Gaiteiro de Breixo, fan-llo a Leopoldo Rubido Ramonde que llo dígo eu. ¡Non ve que ten moito mais 'caché' Leopoldo que un pobre homiño da aldea! Na sua Vila hai-lle moita JET-SET, i así lles vai....
Lamento comunicarle que el coeficiente intelectual de la mayoría de cedeireses no es suficiente para reconocer a ese GAITERO autodidacta. Padecen el síndrome de Estocolmo, siguen cautivados por el caudillo, por eso mejor propóngales hacer beato a Leopoldo Rubido I y que nos siga caciqueando desde vaticalia y desde las puertas del infierno, donde tiene reservada una corona.
Publicar un comentario