22 de noviembre de 2006

Enquisa sobre as Eleccións Municipais en Ferrol

Os pasados domingo e luns, a Voz de Galicia publicou o resultados dunha enquisa sobre as Eleccións Municipais nas cidades galegas. Os resultados confirman o cambio polo que o electorado apostou nas pasada eleccións autonómicas.

En rasgos xerais, baixa o PP, sube o PSOE e mantense o BNG. Ainda que en todo esto hai matices que se corresponden con dinámicas locais con resultados estatísticos que reflicten a gran sensatez do electorado.

No caso de Ferrol derrúmbase a opción de IF, por razóns obvias, o perfil crispado de Juán Fernandez, a sombra da corrupción sobrevoando cada actuación urbanística, e sobre todo a incapacidade dun grupo indepemdente de facer política con perspectiva de máis longo alcance que as Pias.

Eu creo que a caida de IF será maior, e desa caida beberá o PP pero tamén as demáis candidaturas. Hai que lembrar que nas pasadas eleccións a candidatura de IF era a candidatura central do panorama político local, ante un PP con nova candidatura un BNG debilitado e un PSOE dividido en dúas listas. Neste contexto xerou expectativas en electores de todo o espectro ideolóxico. Hoxe esas espectativas están amortizadas polos fracasos de xestión de IF, cun dirixente que converte en desastre todo o que toca, ASTAFERSA, o OAR, a súa xestión como Conselleiro e agora o Goberno Municipal. Por outra parte tanto o PP como o PSOE presentan candidatos coñecidos e recoñecidos polos séus respectivos electorados.

A disputa estará precisamente entre dous proxectos antagónicos, o de Juncal cargado de crispación, incapacidade para o diálogo e sectarismo partidista, que presenta unha visión dunha cidade victimista e revanchista fronte a un Irisarri que nos decubre un Ferrol distinto, con capacidade humana, con tradición de traballo ben feito e de empeño innovador e emprendedor, unha cidade disposta a tomalas riendas do seu futuro en colaboración activa e constructiva con outras administracións e con perspectiva de deseñar a cidade dos vindeiros 50 anos.

Pero tamén quero comentar os datos sobre as preocupacións dos cidadáns en cada cidade. No caso de Ferrol a enquisa reflicte o que constantemente se oe na calle (polo menos eu percibo eso). A preocupación sobre o paro, que está vinculada ó desexo de que a xente nova non teña que marchar, e das máis altas das cidades galegas; e logo duas preocupacións que están no caso de Ferrol fatalmente relacionadas, o urbanismo e a clase política local.

En definitiva, creo que a candidatura do Partido Socialista superará as enquisas porque ofrecemos unha alternativa libre de ataduras inmobiliarias e comprometida con escoitar a voz dos cidadáns e con compartir con todos o deseño do futuro que esta cidade saberá colectivamente construir.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Desde luego Vicente Irisarri es el mejor candidato de los posibles para la ciudad de Ferrol. Transmite un fuerte carácter emprendedor y eso es lo que necesita Ferrol. Sin embargo, señor Carro, no hace usted ninguna valoración del desconocimiento que refleja la ciudadanía sobre Irisarri. Es el candidato más desconocido, tal y como refleja la encuesta de Sondaxe publicada por La Voz. ¿Cómo piensan darlo a conocer? Porque dudo que en unas elecciones en el ámbito local (u otras, pero más en lo local) los ciudadanos voten a un candidato que no conocen.

Anónimo dijo...

Las encuestas, sean de Sondaxe o de San Benitiño de Lérez, no suelen ser muy fiables pero algo de razón lleva en usuario anónimo.
En las municipales la gente vota más a la/s PERSONA/S que a las SIGLAS, sean éstas últimas de la tendencia política que sea. No obstante, creo que el Sr. Irisarri es más conocido en Ferrol de lo que pueda ser la Sra. Cobo en Ortigueira o el Sr. Vergara en Cedeira....

Xavier Carro Garrote dijo...

Non sei si é só unha percepción subxectiva, pero noto na xente unha presa tremenda por que cheguen dunha vez as eleccións municipais.

Páranme pola calle para preguntar quen vai, que din as "enquisas secretas do partido", si determinados candidatos de outros partidos repiten ou non...

En definitiva creo que existe unha pulsión, un desexo de cambio moi forte. Por eso hay que traballar sen presas e sen pausas, con paso lento e vista larga, sen obsesionarse por exemplo polo coñecemento dos candidatos máis do necesario. Entre outras cousas, as entradas neste blog e nas páxinas da marina ou radiocedeira están axudando a dar a coñecer a moita xente.

¿Canto tempo tarda unha noticia en recorrer un espacio como Cedeira, Ortigueira ou Ferrol? días, horas, só depende do interesante que sexa, e creedeme as eleccións municipais interesan, interesaron sempre, pero agora que se abre a expectativa de cambio en miotos concellos interesa máis.

Por eso a xente seguirá preguntando...¿e logo, que vai polo PSOE?

Anónimo dijo...

Que vaian por o PSdG/PSOE ou polo BNG, pro non por os da gaivota carroñeira, voraz e moi voadora éla...soamente pro que lles convén.
¡Hai que BOTALOS, non VOTALOS,que é moi distinto!

Anónimo dijo...

Boas ,Xavier, dende logo a IF despois da publicidade gratuita de cqc e as boas formas, bó talante, educación demostrada a toda España,ninguen ten dúbida que para algún programa rosa o chamarán, fixo un favor a algún partido dende logo,Irisarri penso que é un bó candidato, espero que as enquisas non acerten dando o psoe algún concelleiro mais, e a IF ,e PP algún menos...

Anónimo dijo...

Aquellos que propugnan la abstención ante las urnas no son conscientes de lo que nos costó a much@s el allegarnos a ella. Nada menos que cuarenta años. Por eso que no me parece muy acertado no solo abstenerse a nivel individual sino el propugnan la abstención colectiva. Imaginemos que no fuésemos a votar la gran mayoría de la población ¿Qué ocurriría? Que los resultados serían imprevisibles pues unos pocos votarían por todos los demás. Así que, a los no contentos con ninguna de las candidaturas que se presentan a las elecciones municipales, les sugiero que se presenten ellos mismo, o bien animen a aquellas personas que ellos consideran idóneas a que lo hagan, quizás así estarían satisfechos con los resultados. Este es el juego democrático y ruego porque jamás ninguna otra dictadura nos evite el ejercerlo. Mientras tanto, por favor un voto de confianza a quienes se presentan con la mejor intención y toda la buena voluntad posible.

Anónimo dijo...

Ben, parece que o PSOE ten claro que o perigo para a súa candidatura é a de IF, xa que é a única á que lle presta atención. Realmente, eu penso que o PSOE non vai dar subido o necesario para gobernar como lista mais votada e dubido moito que sexa bo para a cidade ter que aturar a BNG e, sobre todo a IU, que está a manter na cidade posturas do XIX.
Lamento que meteran no embolado a Irisarri, porque lle van impor unha lista de risa.
É moi de ter en conta a opinión do blogger de que o PSOE aporta unha visión global do Estado, mágoa que Ferrol sexa unha excrecencia incómoda para eles.

Anónimo dijo...

O "señor" de I.F. ( JuanSinmiedo)non e que o que toca o convirta en desastre, e que o que toca o convirte en "MERDA". Pero e moi listo a ganancia sempre e pa el.
E logo presume de mirar por FERROL.
O peor e a xentiña que temos que son lle moi listos a hora de falar de FUTBOL, pero logo veñen tipos coama este e "metenlla do cu pa corte" Ou sexa que como dicia non sei quen "Cada Povo ten o que merece"

Anónimo dijo...

Xavier vexo que a tua diplomacia impidete facer unha valoración da caida do BNG. Penso que vai ser superior a que lle augura esta enquisa tendo en conta a configuración da lista, xenuina UPG, vades ter dificultades para acadar un bo pacto de goberno. Hai que apoiar moito ao resto dos candidatos da comarca. Sorte.