2 de noviembre de 2006

Eleccións en Cataluña

Cabe decir casi calquera cousa dos resultados electorais en Cataluña, como en casi todas as eleccións parece que todolos partidos gañan. Pois eu vou romper esa tradición e direi que obxectivamente todos perden pero que si se saben ler ben os resultados pode producirse unha catarsis necesaria e positiva.

Explícome. Penso que antes de nada, o primeiro e afirmar que a elevada abstención afectou prácticamente por igual a todos, ou dito doutra maneira cunha abstención maior non cambia sustancialmente o mapa político. Tódolos partidos perden votos, e ningún está en condicións de decir que avanza electoralmente, salvo Izquierda Unida.

CIU fracasa na súa estratexia de vencer ó Tripartito, quizas porque se marcou un obxectivo electoral demasiado ambicioso. Quizás debeu de marcarse como meta, lexítimamente, ser o máis votado, e liderar como tal un proxecto de goberno, ainda que fora en minoría. Hoxe perdeu esa lexitimación precisamente por fracasar no seu obxectivo electoral.

O PSC baixou 5 escanos e pagou máis que os demais (en escanos, ainda que non porcentualmente) os erros do tripartito. Ten lóxica, era o partido que lideraba ese goberno. Ademáis os desencontros entre Maragal e Montilla tampouco axudaron. De tódolos xeitos, anunciábase un resultado peor que quizas freou o perfil dun candidato pouco dado ás estridencias e conflictos que tanto castigou o electorado.

Esquerra baixa en escanos , en votos e en porcentaxe de voto. Manten unha chave para reeditar un tripartito, pero non pode amenazar con un pacto con CIU, porque a ese pacto podería ir primeiro o PSC, polo tranto, realmente só ten duas opcións: ou tripartito ou oposición.

Izquierda Unida sube porque soupo gobernar en silencio, sen complexos e sen conflictos e os cidadáns premian esta actitude.

O PP baixa un diputado e segue deslizándose cara á intrascendencia política en Cataluña e por ende no conxunto de España. Non se pode gobernar en España si non se ten unha importante representación en Cataluña ou Andalucia. Ademáis, resulta especialmente patético que estén contentos pola baixada do PSC e non preocupados pola súa baixa representación.

Finalmente, a entrada no Parlament dunha nova forza política con certos tintes antisistema, é un síntoma máis do hastío ó que chegaron os cidadáns de Cataluña.

Decía ó principio que os resultados poden supor unha catarsis positiva, penso que si, sempre que nas negociacións para formar goberno e na propia forma de gobernar os partidos do goberno e os da oposición seipan recoñecer, simplemente, que unhos resultados rodeados dunha abstención tan importante non permiten falsas eufórias nin prepotencias nin esixencias maximalistas. SENTIDIÑO COMPAÑEIROS, HAI QUE GANARLLE AS ELECCIÓN Á ABSTENCIÓN

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Fixo un bo analise da situación, con bastante obsxetividade i sensatez, dende o meu punto de vista craro está.
Agora, se mo permite, recomendolle
que lle trasmita esa sensatez os representantes do PsdG/PSOE de
Cedeira, porque Don Xavier, cada vez da máis noxo leer algúns dos
comentarios que fan nese foro persoeiros que disque son socialistas.
Ou lles falta madurez ou é que descoñecen a historia é o que é ser socialista i o que eso representa, i así lles vai.
Non me quixera trabucar, pro se algúns déses que andan no foro son os que van a ir nas listas da candidatura do PSdG/PSOE de Cedeira se acadan un concelleiro vamos a ter moita sorte.

Xavier Carro Garrote dijo...

Non se fie moito das presuntas identidades dos participantes nos foros, haille moitos que din ser para que parezca que os da casa están cabreados.

Asegúrolle que non é así, os votantes socialistas valoran excepcionalmente a Vergara e si ós demáis lles molesta é por medo a que obteña bos resultados.

Anónimo dijo...

Pois mire Don Xavier, vote-lle Vostede mesmo unha ollada os últimos comentarios e verá que algúns pasanse vinte pobos/povos i don aceptan a máis nínima crítica i hasta se atreven a decir que outros 'USURPAN', son FASCISTAS i cousiñas desas. Da a impresión de que lles falta moita madurez i sentido da obxetividade, da moderación, de sensatez i calquer comentario, errado ou non, que non lles vai o seu pelo, poit por forza ten que vir dun FASCISTA, dun do BLOQUE, dun CAINISTA, etc. etc.
E non creo que o Sr. Vergara se adique a decir esas cousas, coñecendo a sua traxectoria iso sería de todo imposibel. Máis ben coido que son algúns que por fanatismo, inmadurez ou por non ter a capacidade imprescindibel pra asimilar as críticas din o que din e iso dende o meu punto de vista non é bo pra os socialistas nin pra ninguén que sexa progresista, e moito menos pra acadar o mellor resultado posibel
pra maio do 2007 e desbancar o Alcalde Perpetuo da Alcaldía Hereditaria da Vila e Terra de Cedeira. Todos nos podemos trabucar e mete-la pata, pro o que non me parece de recibo e certas respostas e comentarios que se ven no foro de Radio Cedeira.
Un saudo dun CONDENADO que se salvou de milagre i anterior o Sr.Vergara.

Anónimo dijo...

Pois sr. Xavier eu son dos que prodigo que a xente non vai a votar, tanto a nivel nacional(galicia, como a nivel de Concello,
Pois o único que lles importa hoxeendia é o poder e nada máis que o poder, e se non dese unha volta pola vile (Cedeira) e escoite.

EU DIGO ¡SI! Á ASTENCIÓN, OU MELLOR ASTERSE DE IR VOTAR.

Anónimo dijo...

Pois sr. Xavier eu son dos que prodigo que a xente non vai a votar, tanto a nivel nacional(galicia, como a nivel de Concello,
Pois o único que lles importa hoxeendia é o poder e nada máis que o poder, e se non dese unha volta pola vile (Cedeira) e escoite.

EU DIGO ¡SI! Á ASTENCIÓN, OU MELLOR ASTERSE DE IR VOTAR.

Xavier Carro Garrote dijo...

Ó anónimo dígolle que a abstención, a antipolítica é sempre a aspiración da dereita, xa non só da dereita político-partidaria, senón desa dereita fáctica, económica e burocrática instalada dende hai séculos nos entramados do poder.

A cuestión é sinxela, os votantes, e sobretodo si son conscientes e formados estorban ós obxectivos desta dereita que cré ser propietaria por antoxo divino do poder.

Por eso o arma máis potente dos cidadáns e o voto consciente e comprometido, diríxase ó partido que se dirixa.

Anónimo dijo...

Pois eu, polo contrario do que pensa o usuario anónimo, penso que
todos deberían ir a votar porque non só é un dereito senón tamén un deber que temos todos. Cada quén que vote en conciencia e pola lista que mellor lle pareza, pro, como inda non estamos na 'xornada de reflexión', persoalmente en Ceeira recoméndo-lles que voten os do BNG, do PSdG/PSOE ou inda que sexa a AI ou o moi posibel novo grupo anticorrupcìón que semella
vai a aparecer por terras de Cedeira. O QUE NON LLE RECOMENDO A NINGUEN E QUE VOTE AS 'JAVIOTAS', PORQUE SON AVES MOI CARROÑEIRAS Y TEÑEN MOI MALA UVA...

Anónimo dijo...

Aquellos que propugnan la abstención ante las urnas no son conscientes de lo que nos costó a much@s el allegarnos a ella. Nada menos que cuarenta años. Por eso que no me parece muy acertado no solo abstenerse a nivel individual sino el propugnan la abstención colectiva. Imaginemos que no fuésemos a votar la gran mayoría de la población ¿Qué ocurriría? Que los resultados serían imprevisibles pues unos pocos votarían por todos los demás. Así que, a los no contentos con ninguna de las candidaturas que se presentan a las elecciones municipales, les sugiero que se presenten ellos mismo, o bien animen a aquellas personas que ellos consideran idóneas a que lo hagan, quizás así estarían satisfechos con los resultados. Este es el juego democrático y ruego porque jamás ninguna otra dictadura nos evite el ejercerlo. Mientras tanto, por favor un voto de confianza a quienes se presentan con la mejor intención y toda la buena voluntad posible.