5 de noviembre de 2006

China desperta

Este fin de semana tiveron lugar duas citas importantes: a Cumbre Iberoamaricana e a Cumbre Africana en China.

China está desenvolvendo unha estratexia a longo prazo, son conscientes de que lles faltan apenas vinte anos para competir en igualdades de condicións con europa e EEUU, e están preparándose para ese momento.

Levan varios anos pechando acordos de intercambio comercial e suministro de petróleo con paises como Venezuela, Chile, Argentina, algunhos paises árabes. Pero o máis significativo é que son acordos a 50 anos.

Agora asegúranse unha relacción privilexiada con Africa, que é hoxe un continente pobre, ou mellor dito donde a xente vive pobremente, pero cunha riqueza natural inmensa.

Dende logo é unha estratexia exemplar. ¿E mentras que facemos os do 1º mundo? EEUU intenta asegurarse o futuro suministro de petróleo coa forza das armas, impoñendo un novo estado de cousas en Oriente Medio. Os resultados desa política están á vista, Guerra Santa e crecemento dos odios entre civilizacións. Europa non é capaz de entender o seu papel de intermediario privilexiado con Iberoamérica, o Magreb e Africa no seu conxunto.

Seguimos vendo a inmigración como un problema, non contribuimos ó desenrrolo de Africa, que podería ser para nos un mercado importante, e sobretodo, non somos capaces de despegarnos claramente da estratexia enloquecida de EEUU.

Europa debe avanzar na súa Federalización aprobando canto antes unha Constitución que nos permita desburocratizar a toma de decisións, e ó tempo deseñar unha política exterior común, estable e con visión de longo alcance. E internamente debemos resolver a cuestión da inmigración cunha nova visión que pense menos nas fronteiras físicas e que tenda a derrubar as fronteiras socioeconómicas e culturais. A inmigración é unha oportunidade, que modifica as sociedades que a viven , pero que é sempre un factor necesario para que se produzca un período de crecemento e desenvolvemento importante.

China pola contra non necesita inmigración para medrar, xa ten 1.200 millóns de habitantes.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Pro non sodes todos os que lle decides 'totus tuus Mr. Bush'?
Unhos dínllo dunha maneire e outros pois doutros xeitos e formas, pro o fin e o cabo, case todos andades a facer o mesmo....
Sir, Yes Sir!!!

Anónimo dijo...

Deixáde-me os chinos tranquilos e que sigan dormindo, porque como lles dea por despertar e vir pra
aquí, non vamos a caber todos no país....

Anónimo dijo...

En la Villa de Cedeira, su tierra, ya se está construyendo a mansalva
con vistas a la llegada de miles de chinos, aparte, naturalmente, de los Comemarrajos de la Villa y Corte de Madrid...porque con los sueldos de Cedeira y tal y como están los precios, muy pocos de sus convecinos y paisanos van a tener opción a esos 'pisitos' y 'apartamentitos'.
Y los tipos de interés subiendo...
¿Qué le parece Don Xavier? ¿Va usted a tratar de frenar la hiperespeculación allá por por tierra y las de su ámbito de actuación?
Cuéntenos algo hombre, que se lo agraceremos todos los gallegos y seguro que sus paisanos mucho más...

Xavier Carro Garrote dijo...

Ó investigador anónimo dígolle que comparto a preocupación pola destrucción do entorno en Cedeira e tamén no resto da costa galega.

Aquí o primeiro problema é non ter un bó Plan de Urbanismo e un Goberno Municipal disposto a facelo cumprir. En segundo lugar tampouco tivemos nos últimos 20 anos un Goberno na Xunta que se preocupara por esta cuestión.

Dende que se produxo o cambio de Goberno na Xunta estamos a traballar nesta cuestión. Por primeira vez foron rexeitados Plans de Urbanismo de perfil especulativo como nos concellos de Sada ou Nigrán. Por primeira vez se están revisando, con rigor, dende a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta, tódolos Plan e modificacións que estaban pendentes dende o alen dos tempos.

Por último estase traballando nunha nova lexislación autonómica que evite a destrucción do extraordinario entorno das nosas costas.

Tamén dende o Goberno Estatal se está a traballar nunha nova Ley del Suelo que pretende acabar coa especulación dos terreos constructivos.

Seguramente nos quedan cousas por facer, e sobretodo, estas medidas non causan efectos automáticos, pero penso que si chegarán a tempo de preservar o noso patrimonio paisaxístico.

Anónimo dijo...

Boas Xavier,primeiro, non creo que a explotación sexa a maneira mais exemplar de demostrar que CHina é un pais admirable e que pode competir en igualdade de condicións con ninguén, primeiro terían que empezar por ahí.Segundo ,sobre a especulación ver os carteis por toda a costa galega incluido Ferrolterra, só ai que darse un paseiño de Ferrol a Cedeira pra ver que non existe freno para tantas urbanizacións, por un lado fan e por outro desfan, senón dígame ¿porque Costas se meteu en Vilarrube, sen expropiar, en Valdoviño,San Xurxo y Penencia si o fan, en fin, que esto parece unha casa de tolos.Penso que debería haber unha lei e dereitos pra todos por igual, unha lei de costas que respetara os ciudadanos por igual, os deslindes se fixeran os mismos metros en todas as zoas tamen por igual,e que sobre todo os que exercen e teñen cargos públicos, cumpran coa lei.Sería un bó comezo pra traballar dende a Xunta e o Goberno Estatal, e non cometer os mesmos erros e inxustizas do anterior Goberno. UN SAÚDO.F.R

Xavier Carro Garrote dijo...

Poucos días pasaron dende que anunciei neste Blog que a Xunta traballaba nunha normativa para limitar o "capitalismo impaciente", como decia Manuel Rivas, do sector da construcción neste pais.

Xa está ahí, xa non se pode constrruir na primeira liña de costa. Quedan máis cousas que facer, e chegarán.

Anónimo dijo...

Alégrome moito de que non se poda facer a 500 metros de costa nada,haber si e verdade que se cumpre e respetan as normativas, recoñezo que se comenza a facer algo,seguiremos atentos, non vaia ser que pase de moda...