Dado o interes que está a despertar, neste blog, o tema da candidatura socialista en Ortigueira, e respondendo a invitacións explícitas de que expoña o meu punto de vista, debo decir que como todo resultado, é o producto dun proceso, e que non se entendería nin a miña posición nin a de naide cun pouco de sentido común si non se coñecen os pasos dese proceso.
Non vou a detallar procedementos orgánicos concretos, porque non é este o ámbito axeitado, pero si direi que José Luis Carballo foi candidato nos momentos máis difíciles, e con resultados aceptables para un partido que aspire a facer unha boa oposición, pero sen espectativas reais de acadar o Goberno. O seu traballo foi como é el, sen moito ruido pero sensato. Tibo dúas lexislaturas para demostrar as súas cualidades políticas, e desenvolveu unha boa tarea sobre a que construir unha alternativa, sempre que se lle sume un impulso e un liderazgo capaz de trasladar ó pobo de Ortigueira a idea clara de que queremos e estamos preparados para gobernar.
Para esto todos debemos antepoñer o proxecto colectivo ós intereses ou preferencias individuais. Neste senso o procedemento orgánico de elección da candidata e irrefutable. Todos puideron opinar, proporse e finalmente votar, acadándose como resultado a designación de Raquel Cobo como Candidata socialista á Alcaldía de Ortigueira.
Ata aquí son feitos os que expreso. A maiores, a miña opinión é que tanto Raquel Cobo como José Luis Carballo son duas persoas válidas, queridas e intelixentes que deberán colaborar no futuro para conquerir que o cambio chegue tamén a Ortigueira, sabendo tamén que naide é imprescindible.
Finalmente son os cidadáns quenes dan e quitan a razón, pero creo que Raquel Cobo ten, e transmite unha forza de conviccións e unha capacidade de traballo que lle servirán para ser unha excepcional Alcaldesa. Porque creo que a xente xa ven estando farta desa popularidade chabacana e cutre construida a base de favores, e de pagar rondas de viño polos bares.
A xente quere que os seus fillos poidan quedar na súa terra, que mellore a calidade de vida, que non se destrua o seu entorno, e que os gobernantes municipais resolvan problemas, non que sexan un problema e ata ás veces un perigo para os veciños.
Por certo, para rematar, digo eu... ¿como se designan os candidatos nos outros partidos? ¿existe tamén un procedemento democrático sometido ó xuicio da opinión pública?. Ó mellor non era malo...

9 comentarios:
Non se entende por que se elixe un candidato á alcaldía en Ortigueira agora, e non no resto dos concellos de Ortegal. Que presa había?
Sr. Xavier, cando se configuran os proxectos electorias, bo falar do que a min me interesa, para o concello.
Porque eu fixome nos anteriores, tanto do PP como do BNG.PSOE.
cando gobernou o PP e despois o BNG en cualición co PSOE, e nunca fan o que o que neles vai.
¿Que é no que pensan no intre de face-los?
O único que vexo é no seguinte:
Si goberna o PP, fastidio aos do BNG E PSOE.
Si goberna o BNG E PSOE, fastidio aos do PP.
Ou o reves uns beneficianse e
outros tamén.
E os de a pé ¿Quen nos beneficia?
Os de a pé non estan pra que os beneficie naide, do están pra votar a favor dos que máis tralla des dean e pra que vivan ben a conta déles os do PP, do BNG , do PSOE , etc.
Os de a pé están pra que os muxan coma vacas ata que xa non den leite our morran de tanto muxilos de de tanta tralla que lles dan.
Parecedes parvos.....
vas a contestar a los mensajes que hablan de ti en el foro del PSG-PSOE
Vexo moito escepticismo desencantado nestas entradas. ¿Como é posible ter por obxectivo "fastidiar"? Non pode ser, non o creo. É como aquela maldade absurda do que necesita cruzar o río nunha barca, alguen se ofrece a levalo, e cando van polo medio do río, por facer mal, fura a barca e afúndense. Fastidiar fastidia, pero ¡que maldade máis absurda!
A maldade sempre foi, e i será absurda. A maldade nunca poderá acadar o rango de lóxica por moito que Bush, Aznar i Blair (entre ooutros), queiran facernos ver o contrario.
Si señor MIRTs, saco o sombreiro ante a súa sabiduría...
Prégolle Sr. Carro que non me chame MIRT porque prefiro que me chame animal irracional, burro, asno, descerebrado ou o que máis lle apeteza, pro non MIRT, porque eu son UN ACÉRRIMO ANTI MIRTS e se quere saber por qué, votelle unha ollada os comentarios da tal MIRT en Radio Cedeira.
Escribíronse algúns comentarios nesta entrada sobre a elección da candidata en Ortigueira.
O que teño que decir neste foro está dito na miña entrada, si alguén quere debater conmigo outros aspectos que afectan ós procedementos internos do partido o meu correo electrónico é xavier.carro@diputado.congreso.es, e tamén me podedes localizar no teléfono 913906167.
En contestación ó anónimo que me pregunta si contestarei ós mensaxes que falan de min, para eso é o foro, sempre estou disposto a informar e debater sobre a miña actividade como Deputado, por unha razón ben sinxela, estou elixido polos cidadáns e a todos debo explicación do meu traballo.
Pero si un anónimo me pregunta cuestións de orde interno do partido ou de índole persoal evidentemente non poido contestar. O partido ten os seus ámbitos de participación e responsabilidade e os asuntos persoais non creo que debán ser obxecto deste foro.
Publicar un comentario