Dende o PP e o seu coro de medios afíns seguen berrando sen descanso con cada día máis bárbaras calumnias e falacias. Dan por seguro que temos entregado a ETA todas cantas cousas non conseguiron coas armas, a pesares das evidencias en sentido contrario. Tamén nos acusan de ser os autores intelectuales do 11M.
Certamente resulta dificil manter a calma e o sentido común ante semellantes campañas, pero a pesares desto, dende o Goberno e o Parlamento estamos traballando en ampliar dereitos para os cidadáns. Especialmente importantes son A LEY DE DEPENDENCIA e o ESTATUTO DE TRABALLADORES AUTONOMOS.
A primeira permitirá contribuir a resolver un problema social que sofren tódalas familias, a atención ós maiores, os discapacitados e ós nenos de menos de tres anos. Son especialmente as mulleres as que asumen estas tareas, na maior parte dos casos a costa de renunciar ás súas carreiras profesionais e laborais. Créase un novo dereito para as persoas dependentes, de tal xeito que xa non estarán expostas á caridade uo sensibilidade social dun goberno ou outro. Simplemente poderá esixir os séus dereitos. Además esta medida xerará emprego, en Galicia 40.000 e facilitará a igualdade real no eido laboral entre homes e mulleres.
O Estatuto do Traballador Autónomo equiparará en dereitos ós autónomos cós traballadores por conta allea, con dereito ó desemprego, á baixa por maternidade ou IT e demáis dereitos de conciliación da vida laboral e familiar. Tamén se establece a inembargabilidade do domicilio e dunha cantidade de diñeiro mínimo para a subsistencia no caso de insolvencia, e determinados dereitos de negociación colectiva para os chamados autónomos dependentes, por exemplo os que transportan para MEGASA ou ENDESA, os que recollen o leite, etc.
Estas son as cousas que realmente interesan ós cidadáns, pero resulta dificil traspasar esa cortina de fume mediática que nos conduce a falar sempre do mesmo e a trasladar a imaxe de que os políticos só nos dedicamos a peleas espúreas.

11 comentarios:
Don Xavier, está moi ben o que fan pro o pior e despois, porque como Vostede sabe moi ben, a maioría das
empresas 'pasan dos convenios que firman cos traballadores' i do Estaturo dos Traballadores, pois coma si no houbera....pra elas todo iso e papel pra limpar o c....e pouco lles importa que lles fagan inspeccións, porque logo as sancións quédanse en nada e rinse
de todo. Voste, Señoría, como bon UXETISTA que foi i coido qu'inda é
sabeo de sobras ¿Non?.
E certo o que dis, asinus, sempre aparece un novo problema despois de resolver o anterior, pero si desesperamos en vez de resolvelo só estaremos asumindo como inevitable a dominación do home polo home.
Eu dende logo non estou disposto a tirar a toalla por unha nova dificultade. Tamén hai solución para evitar a impunidade ante a lei laboral que como ben dis, existe.
Non perdas o tempo en predicar o fatalismo e o desánimo, ocúpate de buscar e traballar nas solución. E non te preocupes, sen dúbida apareceran outras dificultades.
Non perdo o tempo nin predico o fatalismo e moito menos o desánimo
non se preocupe Vostede. Xa lle levo moitos anos loitando contra as inxustizas e as 'ca(bro)nadas' de algún empresarios, pro a verdade é as cousas non lle cambiaron tanto dende fai moitos anos, i n'algún aspecto inda empeoraron.....inda que pareza increibel i Vostede sabeo moi ben, pra que nos vamos a enganar.
A mín ni tan siquera o mesmiño e ínclito Villar Palasí me amedrentou, e poidolle decir que ata que me recibeu non parei....i eran-lle tempos de Franco, sabe aquel homiño de voz atiplada i con un bigotiño fascistoide, nado precisamente no Ferrol i que acadou
o grao de Xeneralísimo, cousa que nunca existeu dentro da carreira militar....i por enriba chamábase 'Caudillo' a sí mesmo, que lle ronca moito o cara...llo.
O millor, namentras eu e algúnn máis andamos a buscar solucións, outros andan a facer demagoxia a distra e sinistra i pretenden que comulguemos con 'Moas de muiño' porque pensan que somos 'parvos' de
todo i a mín pra ser parvo de todo só me faltou unha décima, que senón
era tontiño de todo.
Don Javier, si el asinus ése es el que yo creo, le puedo asegurar y garantizar que de 'asno' tiene muy poco y para darle mas detalles le diré que es el responsable o dirigente autonómico de algo y miembro de la ejecutiva nacional de ese algo....y que probablemente esté mucho más próxímo a Vd.en muchos aspectos de lo ni siquiera Vd. mismo se pudiera imaginar....
Créame.
Miren, Ustedes lo que no tienen que hacer es seguir la estela de Don Felipe González, híbrido entre los que tienen 'dos caras', o sea de Cantabria, y los 'gaseoseros' andaluces, que con una 'gaseosa' se montan una fiesta que no vea Usted.....
Lo peor que les pudo pasar a los trabajadores y gente humilde de este país fué eso, que si fuera cosa de los del PP o de Blas Piñar no sería nada raro, pero siendo del PSOE, ya me contará...no hay por donde cogerlo, mírese por donde se mire.
Vaya Usted a vender su ánimo y euforia a otra parte, pues aquí no nos interesa....¡Roldanes y elementos de esos ya tuvímos demasiados! No nos venda humo...que es muy volátil. ¡No de clases a Catedráticos!
Don Xavier, pois si que queda ben e non costa nada decir todo o que dí, vaiase a dar unha voltiña onde traballan a maioría das mulleres de ferrolterra e vote unha ollada os contratos que teñen, horarios etc.A minoría de mulleres que tiveron éxito laboral non teñen vida persoal, e as que a tiñan acabaron con ela polas esixencias do traballo, senon dígame como a muller na política pode competir en cuestión de horarios cun home tendo familia,é imposible,as reunións, asambles e xuntas fanse a horarios familiares,e ben certo que o psoe neste sentido integra a muller coa paridad na vida politica.Non nos imos enganar,queda moito por facer,non estaría mal que comenzase por ahí,agradeceríano tanto os homes coma as mulleres, porque todos/as temos familia ou queremos tela,na vida laboral se debería falar de persoas,así se deixaría de lado o ser home ou muller. A igualdade de dereitos sería un feito e todos gañaríamos.
P.D.(por certo gústame a vicepresidenta, axuda moito).FR
Parece que las encuestas no son muy
favorables para que se produzca un cambio en su Villa.....
Comparto a reflexión do anónimo que fala en favor da igualdade e da conciliación da vida laboral e familiar.
Precisamente porque esta é unha das prioridades do Goberno, iniciativas como a Lei de Dependencia que permitirá que especialmente moitas mulleres que están dedicadas ó coidado de dependentes por pura necesidade, renunciando á súa vida profesional, se poidan reincorporar ó traballo.
Tamén a Lei de Igualdade axudará a que as mulleres se incorporen realmente a postos de responsabilidade tanto na Administración pública como nas empresas privadas.
Sen dúbida un reto crucial para o futuro.
Si hombre sí. Precisamente la uno de los que da ejemplo es el Ejército con las mujeres que se quedan embarazadas, etc.
E non estará vostede berrando mentras os demais estamos traballando...
pois parece que mais que berrar di unhas verdades de cara..llo...
Publicar un comentario