25 de octubre de 2006

subcontratación na construcción, un novo modelo

Cando unha iniciativa lexislativa se refire ás costumes sociais ou morais, énchense páxinas e ondas de polémicas que ás veces afectan realmente a unha minoría de cidadáns. Nembargantes, esta Lei Reguladora da Subcontratación no Sector da Construcción vai ter unha importante repercusión no modelo organizativo das empresas do sector, nas condicións de traballo e na propia evolución da actividade, (132.000 ocupados en Galicia), aínda que seguramente pasara inadvertida dentro deste mar de verbas crispadas nas que navega a actualidade política.

Hoxe resulta normal na construcción que a partires dunha obra principal se vaia configurando unha cadea complexa de subcontratas e que entre os seus eslabós se perdan beneficios, dereitos dos traballadores, seguridade no traballo e calidade na construcción.
Necesitamos por tanto un sector máis solvente, máis estable, máis organizado, máis preocupado pola calidade e polas condicións de traballo. Á vista está que existe marxe económico suficiente para estes cambios, pero estou certo de que non se produciran si non se articulan medidas que o favorezan.

Esta nova lei limita a cadea de subcontratación a tres niveis, de xeito que un promotor pode dividir a obra en moitas partes pero aquelas empresas que subcontrate só poderán subcontratar á súa vez ata dous niveis máis. Esto obriga a unha maior planificación na execución da obra, da que ademais se responsabiliza solidariamente a empresa principal, do cumprimento dos contratos e das responsabilidades laborais.

As empresas que queiran dedicarse a subcontratar neste sector terán que inscribirse nun rexistro público e acreditar unha serie de requisitos como ter unha estructura empresarial mínima, capacidade para executar a obra contratada e un porcentaxe de traballadores indefinidos que, ó pleno desenvolvemento da lei, non será inferior ó 30%.
En cada obra haberá un Libro de Subcontratación que reflectirá tódalas incidencias e que estará a disposición da Inspección de traballo e dos representantes dos traballadores de calquera das empresas da cadea.

Con esta nova regulación as empresas do sector deberan mellorar a súa organización e planificación. Pretendemos desterrar do sector a empresas piratas que cun teléfono móbil e unha furgoneta se dedican directamente á explotación de traballadores e a meros prestamistas de man de obra as mas das veces ilegal.
Esta é unha preocupación compartida por sindicatos e organizacións empresariais do sector con quenes mantivemos un estreito diálogo para acadar unha norma có seu apoio, indispensable para construír este novo modelo empresarial e laboral.

Trátase dunha realidade posible, así ocorre noutros países europeos con empresas neste sector cunha estabilidade no emprego e unha dimensión empresarial similar a outros sectores productivos. E certo que unha obra ten un tempo de execución determinado, pero tamén un pedido concreto nunha fábrica. Tódolos empresarios están condicionados pola carteira de pedidos, e do seu acerto na planificación e organización do traballo depende o futuro das súas empresas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Todo moi certo, sí señor. Agora só falta que en cada obra poñan dous ou tres inspectores todo o día i dos que no se deixan sobornar, que algún que outro faino, cinco ou seis membros de cada sindicato da construcción, un cura pra
que bendiga as boanzas dos promotores i constructores todolas
mañás y recen o rosario polas tardes o acabala faena do día i de paso rece pra que todas esas leis i normas se cumpran a pesar de tanta vixiancia....senón, non creo
que todo eso pase doutro papel máis
deses que fan os lexisladores do país e que tan alonxados andan da realidade que lles rodea....

Xavier Carro Garrote dijo...

Non creo que a solución ás inxusticias e abusos laborais sexa encher as obras de Inspectores. Pasaríamos a aquelo de ¿quen vixia ó vixiante?.

Creo máis na corresponsabilidade, creo máis en poñer nas mans dos traballadores e dos seus representantes ferramentas eficaces para esixir o cumprimento da lei e dos seus dereitos.

Esta Lei de Control da Subcontratación na Construcción camiña nesa dirección. Crease un Libro de Rexistro da Subcontrastación en cada obra, e a el terán acceso non só os Inspectores de Traballo, senón os Representantes dos Traballadores e os Delegados de Prevención. E ¿para que?, pois para comprobar si se cumple a lei, si as empresas están correctamente contratadas, que número de traballadores teñen, si contan con formación en materia de prevención ou si se aplica o Convenio correspondente.

Con esta información pode actuar tanto a Inspección como o Xulgado do Social ou o Penal si e o caso.

Con este novo modelo gañan as empresas responsables, gañan os traballadores e os Sindicatos contarán cunha ferramenta máis para facer cumprir a Lei.

Anónimo dijo...

Eso que le dijo parole,parole, parole es la pura realidad y lo demás es el chocolate del loro.
El tiempo se lo demostrará.....
Parece mentira que nos tengan por
tontos o imbéciles.