4 de octubre de 2006

Sesión de Control

As Sesións de Control ó Goberno son sen dúbida un bó termómetro da situación política, da fortaleza dos argumentos do Goberno e tamén da Oposición.

Cada mércores Rajoy, Zaplana e Acebes descenden un paso máis polo camiño da degradación política. Nos últimos días especulaban os medios de comunicación sobre si Rajoy non estaba dacordo coas teorías de Zaplana sobre a "conspiración" do 11M. Quedou claro, eu sempre o tiven claro, que pensan e defenden o mesmo. Agora a súa besta negra é Garzón por atreverse a destapar un montaxe tan zafio que da noxo.

Hay quen pode pensar, non sin razón; que de seguir así o PP pasará moitos anos na oposición, polo que dende o PSOE deberíamos estar encantados. Non é o meu caso, eu estou certamente preocupado, non me gusta esta dinámica de bos e malos, este xeito de poñer en dúbida constantemente todo, desta antipolítica que nos desacredita a todos, que alonxa ós cidadáns da política e ós políticos dos problemas e preocupacións reais dos cidadáns.

Gustaríame que a dereita defendera con normalidade os seus postulados tradicionais, ou que evolucionara cara outros, pero que permitiran centrar a actualidade política nos problemas da xente e non nos problemas dos partidos.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Eso nos gustaría a todos, incluso a muchos del mismísimo PP, pero no creo que ocurra, dado el 'mal perder y mal talante' que algunos de sus dirigentes demuestran a diario......¡nada indica que vayan a cambiar de actitud!

Anónimo dijo...

Máis que controla-los, tiñan vostedes que ata-los ben atadiños e poñer-lles unhos bozais a éses os que alguén lles chamou 'os tres mosqueperros', porque están doentes por trabar-lle a todo o que pillen por diante....e encima se os 'encirra' o seu xefe na sombra non vai haber quen poida con éles. ¿Non terán a rabia?.Por se acaso debíanos vacinar....e ademáis hai unha lei que prohíbe deixar andar os cans ceivos, e se teñen a rabia xa me contarán vostedes o que pode pasar......... Alguén terá que tomar a medidas axeitadas pra telos donde deben estar...nunha Perreira-Pabellón.

Anónimo dijo...

Máis que controla-los, tiñan vostedes que ata-los ben atadiños e poñer-lles unhos bozais a éses os que alguén lles chamou 'os tres mosqueperros', porque están doentes por trabar-lle a todo o que pillen por diante....e encima se os 'encirra' o seu xefe na sombra non vai haber quen poida con éles. ¿Non terán a rabia?.Por se acaso debíanos vacinar....e ademáis hai unha lei que prohíbe deixar andar os cans ceivos, e se teñen a rabia xa me contarán vostedes o que pode pasar......... Alguén terá que tomar a medidas axeitadas pra telos donde deben estar...nunha Perreira-Pabellón.

Anónimo dijo...

Todo iso de control i controlar está moi ben e moita falla facía que se fixera de verdade e dunha vez por todas. Pro, eiquí no Concello de Cedeira..¿de verdade cree Vostede que o Sr. Vergara é o home máis indicado pra levar a cabo esa tarefa?. Se o cree, lástima, porque lle auguro un fracaso estrepitoso e rotundo, e, senón, dease unha voltiña, coma quen non quere a cousa, e vaia preguntando por ahí pra saber o que pensa a mirande parte dos seus
conveciños e cidadáns do Concello das Sete Parroquias.....

Xavier Carro Garrote dijo...

En relación á candidatura de Vergara, preguntome ¿Cales son as características dun "bon candidato"; ¿Quizás que sexa unha persoa honesta e traballadora? ¿Quizás que ó longo da súa vida antepuxera os principios e conviccións ideolóxicas ó seu propio interes privado? ¿Quizás que sempre fora un fiel amigo dos seus amigos? ¿Quizás que teña unha firmeza ideolóxica construida dende os seus anos de loita antifranquista? ¿Quizás que ame profundamente ó pobo do que quere ser alcalde?

E posible que estas cousas non importen e simplemente, nos fora mellor fichar a un palurdo nuevorico que "jaste" os cartos en invitar polos bares, para ter moitos conocidos de taberna a quen saudar mentres lle queden cartos. Por non decir un elementos deses da HI LAI que chegan en los yates.

Pero xa vedes, resulta que queremos presentar un candidato serio para Cedeira, non sei si para arrasar á primeira, pero si para presentarlle a cada cidadán decindolle con plena convicción: SERA UN BO ALCALDE

Anónimo dijo...

As características que Vostede indica pra ser un bo alcalde coido que son moi axeitadas pro cargo de Alcalde de Cedeira...pro se non ten detrás un bo equipo,leal i que o apoie, no que poida confiar i delegar, donde as sinerxias funcionen perfectamente i haiba a retroalimentación precisa e necesaria entre o dirixente e os seus colaboradores...a cousa pode fallar i chegar a trucarse n'algo semellante o que anda a pasar, hoxe en día, no Reino de Taifas de Leo-leonis, donde o Xefe e Alcaldísimo 'ordena i manda' i os demáis a decir 'sí señor' coma se fosen un disco raiado d'aqueles de vinilo... e xa ve a donde levaron o Concello de Cedeira, que semella ser o vagón da cola dos concellos galegos.
E, po-lo que se oe e comenta, ojallá que non, parece que é o que anda a pasar...moita desconfianza e algún que outro qu'anda tras un 'postiño' pra sacar-lle o meirande proveito, pro para o seu 'proveito persoal' i os demáis que lles den....
I esto díllo un 'palurdo', 'un da aldea' que nin é nin pretendeú xamáis pertencer a HAI LAI, inda que se moveu i pode moverse entre éles coma un peixe na auga i que os coñece, coido que bastante ben.(Eu chámolles da JET SET, 'que les coje mucho'(Versión tamén arxentina/uruguaya/chilena..... e xa ve a donde levaron o povo dende mediados do século pasado.
Non se trata de fichar a ningún
'palurdo', inda que pode ser que entre eses 'palurdos' lle haiba moitos que non lle sexan 'tan palurdos', a pesar de parece-lo ou facerse iles mesmos 'os palurdos',
pro sexan máis intelixentes que cincoenta dos outros xuntos, nin tampouco se trata de fichar a ningún novo rico que 'jaste' nos bares e tabernas e que 'chegan en los yates', como Vostede dí, porque éses xa sabe Vostede i eu moi ben o que buscan i se 'jastan' un euro é-lle pra recoller e gañar cinco........
Pois o mellor pódense-lle colar algúns que outros ' ben camuflados' nas listas que o Sr. Vergara anda a facer cheas de 'caras novas', que me parecen moi ben, pro que teña
moito tino en non vaia a meter n'élas a algún 'cara', que no é o mesmo. ¡Caras xa hai dabondo no Consello d'Administración das minas de Rubidio e Francio de don Leo-leonis! i Vostede, coido que o sabe moi ben....
Eu son medio parvo, vou por libre, coma os tolos, i por riba nin vivo ahí nin poido votar persoalmente, pro sí poido acadar uns cantos votiños pra persoa que me mereza a confianza precisa e necesaria pra rexir ben os destiños de Cedeira cara o futuro, non cara o Pleistoceno...
Dígo-lle todo isto, sin acritude, de boa fé e sabendo valorar a sua laboura...inda que na coñeza toda, toda... nin a fondo por mor da distancia que nos separa no espazo (i na idade tamén, pro non conta), non na forma de ver as cousas.
Ogallá acerten, e de non poder acadar un bo resultado,¡qué a suma
dos seus máis a xente seria do BNG
(que tamén os hai) acaben co as minas esas do Rubidio e do Francio
alá pro mes de Maio do 2007.

Anónimo dijo...

As características que Vostede indica pra ser un bo alcalde coido que son moi axeitadas pro cargo de Alcalde de Cedeira...pro se non ten detrás un bo equipo,leal i que o apoie, no que poida confiar i delegar, donde as sinerxias funcionen perfectamente i haiba a retroalimentación precisa e necesaria entre o dirixente e os seus colaboradores...a cousa pode fallar i chegar a trucarse nunca cousa semellante o que anda a pasar, hoxe en día, no Reino de Taifas de Leo-leonis, donde o Xefe e Alcaldísimo 'ordena i manda' i os demáis a decir 'sí señor' coma se fosen un disco raiado d'aqueles de vinilo... e xa ve a donde levaron o Concello de Cedeira, que semella ser o vagón da cola dos concellos galegos.
E, po-lo que se oe e comenta, ojallá que non, parece que é o que anda a pasar...moita desconfianza e algún que outro qu'anda tras un 'postiño' pra sacar-lle o meirande proveito, pro para o seu 'proveito persoal' i os demáis que lles den....
I esto díllo un 'palurdo', 'un da aldea' que nin é nin pretendeú xamáis pertencer a HAI LAI, inda que se moveu i pode moverse entre éles coma un peixe na auga i que os coñece, coido que bastante ben.(Eu chámolles da JET SET, que les 'coje mucho' (tamén versión arxentina/uruguaya..... e xa ve a donde levaron o povo dende mediados do século pasado.
Non se trata de fichar a ningún
'palurdo', que poida que entre eses 'palurdos' lle haiba moitos que non lle sexan 'tan palurdos' i sexan máis intelixentes que cincoenta dos outros xuntos, nin tampouco se trata de fichar a ningún novo rico que 'jaste' nos bares e tabernas e que 'chegan en los yates', como Vostede dí, porque éses xa sabe Vostede e eu moi ben o que buscan i,se 'jastan' un euro é-lle pra recoller e gañar cinco.......
Pois, ó mellor, pódese-lle colar algún que outro ' ben camuflado' nas listas que o Sr. Vergara anda a facer cheas de 'caras novas', que me parecen moi ben, pro que teña moito tino en non vaia a meter n'élas a algún 'cara', que no é o mesmo. ¡'Caras' xa hai dabondo no Consello d'Administración da empresa minera esa que explota o Rubidio i o Francio dende mediados de século XX i cuio Director Xeral i Xerente disque é un tal Leo-leonis! i Vostede, coido que o sabe moi ben....
Eu, como son medio parvo... ou iso din e pensan moitos, pois vou por libre, coma os tolos, i por riba nin vivo ahí nin poido votar persoalmente, pro sí poido
acadar uns cantos votiños pra persoa que me mereza a confianza precisa e axeitada pra rexir ben os destiños de Cedeira e levá-la cara o futuro, non cara o Pleistoceno, Meoceno, Precámbrico ou Cámbrico, que tanto me ten, como me ten tanto...
Dígo-lle todo isto, sin acritude, de boa fé e sabendo recoñecer i valorar a sua laboura...inda que na coñeza toda, toda... nin a fondo, ben a fondo, por mor da distancia que nos separa no espazo (i na idade xa nin contar-lle, pro iso non conta), non na forma de ver as cousas.
Ogallá acerten, e de non poder acadar un bo resultado, que a suma
dos seus mais a xente seria do BNG
(que tamén os hai) acaben co as minas esas do Rubidio e do Francio
alá pro mes de Maio do 2007.

Anónimo dijo...

Ten moita razón asinus bulgaris no que dí, eu creo que un bó candidato é o que está respaldado e ten a confianza e respeto no só dos seus colaboradores, tamen da xente do seu arredor, ten que compartir e trasmitir que é merecedor de ser o mellor , que ten o mellor equipo,e ante todo ter valores.O individualismo, prepotencia, ambición e trepas que ai en algúns CANDIDATOS , precisamente , non serían os valores mais axeitados para o partido socialista (AINDA QUE ABELOS AILOS).