4 de octubre de 2006

Modesta Anca

Modesta Anca dimite finalmente como Alcaldesa e renuncia á súa acta de concelleira. Podería non facelo legalmente, porque a sentencia ten recurso e ainda pode sair absolta, pero dimite en coherencia coas directrices do Partido que está empeñado en exercer o poder con honestidade tanto no fondo como nas formas.

Non é a primeira víctima, xa dimitiu tamén o Delegado de Pesca de Lugo por enviar dous curriculum a unha empresa. Trátase, xa que logo, de dúas persoas honestas que tropezaron coas formas e procedementos cando querian resolver un problema.

Ademais, no caso de Modesta estamos a falar dunha Alcaldesa querida polo pobo de Cabanas e polo Partido, que fixo ó longo destes anos unha xestión brillante a pesares do abandono ó que a someteu o anterior Goberno da Xunta.

Agora remata a súa carreira política, unha vez máis con coherencia, deixando o cargo para non perxudicar aquelas ideas nas que cree fondamente.

Gracias Modesta, por toda unha vida socialista dedicada ós cidadáns.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

N'éste caso coido que ó mellor dimiteu precisamente a persoa que non tiña que dimitir i eu como son
un ágrafo e analfabeto funcional que case nin sabe leer, inda que as
veces boto-lle unha ollada os periódicos, pois ata hoxe non vin a ningún d'éses do PP que dimitiran..e mire vostede que levan feito feixes de cousas ben rariñas por non lle apricar o adxetivo ou epíteto adecuado a esas falcatruadas punibles, mírense
por donde se miren....
¿Por qué permiten vostedes que sigan en certos postos de moita relevancia n'algún Hospitais da nosa Comunidade elementos moi da corda do 'homiño do bigote ridículo¡ e que fan e desfan o seu antoxo, sen que ninguén lles pare os pés?
Césenos dunha vez por o ben dos galegos e galegas, reléguenos e poñanos no sitio que merecen tal cual fixeron éles con grandes e prestixiosos doutores...porque algún ben merecía estar nun hotel deses de Alhaurín de la Torre, de las Marbellas de Málaga, si Don Xavier, no sitio ése 'donde hace la calor', inda que lles houbera que dar de comer e aloxálos nos devanditos hoteis gratis, e senón leválos a repoboar de pinos, castiñeiros, carballos, etc. a Capelada da sua terra e todo-los montes que 'arderon por casualidade' por Galicia adiante.
Facélos traballar dende as 6 da mañá ata as 10 da noite e a base de pan e auga pra que souperan o que é sudar e dar-lles a oportunidade de rexenerarse e convirtirse en persoas de proveito, honestas e honradas...
Todo o mundo ten direito a unha segunda oportunidade i éles tamén, inda que anden sempre a facer todo-lo contrario cos demáis, pois ESES de dar 'oportunidades' non entenden só saben o que saben...i coido que Vostede Señoría ben m'entende.....

Anónimo dijo...

N'éste caso coido que ó mellor dimiteu precisamente a persoa que non tiña que dimitir i eu como son
un ágrafo e analfabeto funcional que case nin sabe leer, inda que as
veces boto-lle unha ollada os periódicos, pois ata hoxe non vin a ningún d'éses do PP que dimitiran..e mire vostede que levan feito feixes de cousas ben rariñas por non lle apricar o adxetivo ou epíteto adecuado a esas falcatruadas punibles, mírense
por donde se miren....
¿Por qué permiten vostedes que sigan en certos postos de moita relevancia n'algún Hospitais da nosa Comunidade elementos moi da corda do homiño do bigote ridículo e que fan e desfan o seu antoxo, sen que ninguén lles pare os pes?
Césenos dunha vez por o ben dos galegos e galegas, reléguenos e poñanos no sitio que merecen tal cual fixeron éles con grandes e prestixiosos doutores...porque algún ben merecía estar nun hotel deses de Alhaurín de la Torre, de las Marbellas de Málaga, si Don Xavier, no sitio ese 'donde hace la calor', inda que lles houbera que dar de comer e aloxálos nos devanditos hoteis gratis, e senón leválos a repoboar de pinos, castiñeiros, carballos, etc. a Capelada da sua terra e todo-los montes que 'arderon por casualidade' por Galicia adiante.
Facélos traballar dende as 6 da mañá ata as 10 da noite e a base de pan e auga pra que souperan o que é sudar e dar-lles a oportunidade de rexenerarse e convirtirse en persoas de proveito, honestas e honradas...
Todo o mundo ten direito a unha segunda oportunidade i éles tamén, inda que anden sempre a facer todo-lo contrario con demáis.

Anónimo dijo...

Así fixeran alguns alcaldes do PP,
aos que lles parece que o pobo que gobernan é deles.

Anónimo dijo...

Invitoo o meu blog.
http://imagelog.goto20.com/albertecouto
un saudo.

Anónimo dijo...

Don Alberte Couto, non sei se me invita a mín ou a Don Xavier Carro Garrote, inda que coido que moi probabelmente nos invite a ambo-los dous.
Persoalmente non o coñezo a vostede, pro si estou o tanto dos seus traballos inda que viva moi lonxe de Cedeira.
Do que casi tamén estou seguro é de que Don Xavier Carro Garrote inda está moito máis o tanto que eu
de todo, e moi especialmente do que anda a acontecer na Vila e Terra de Cedeira, na Comarca do Ortegal, do Ferrol e alén d'eses lugares.
Vostedes son unhos meniños o meu lado, pro podo-lle decir que,como dirían os británicos, apenas existe 'generation lag' entre Vostede ou Don Xavier e eu, no tocante a forma de pensar e ver as cousas a pesares da diferenza d'idade entre nós; no aspecto físico, pois que quere que lle diga....n'ese sí que se nota, e moito, a diferenca dos anos.
Pode ter a completa seguridade de que me sinto moi honrado de que tivera a bén invitarme o seu blog.

Anónimo dijo...

Me gustaría saber Javier, despues desta loa tan entrañable que le has dedicado a doña Modesta, si también estás de acuerdo con sus opiniones sobre el secretario general de tu comarca, y otras afirmaciones que realiza en el Diario de Ferrol.

Una cosa creo que si debería destacar de esta señora, que tiene una sentencia en contra.

Anónimo dijo...

Ola!
Dende logo, fun algo maleducado, pero a invitación fágoa extensible a todo o mundo,faltaria mais.
Grazas polas suas gabanzas, ainda que eu a ti tamén te sigo polos foros de Cedeira, xa que tes un verbo dinámico e moi retranqueiro, que fai indispensable a lectura dos teu comentarios.
Tamén ando por este outro espazo.
http://photocouto.spaces.live.com/
Por certo, tutéame que as canas non te enganen.
un saudo para os dous.