7 de octubre de 2006

Contestación sobre Modesta Anca

Contesto a un internauta que me pregunta si comparto as opinións de Modesta Anca no Diario de Ferrol sobre Ivan Puentes.

A resposta é rotundamente NON. Creo que Ivan, como Secretario Comarcal está actuando con sensatez e ética política. Creo que non imcompatible o recoñecemento a máis de 20 anos de traballo de Modesta con ter claro que en política hai que saber estar e hai que saber marchar.

Atribuo os comentarios de Modesta á lóxica conmoción que supón marchar despois de tantos anos de traballo e de entrega ós veciños, pero Ivan Puentes está a demostrar que a xente nova tamén ten as cousas claras e tamén ten principios.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois falemos da sensatez e ética política de Ivan: ¿Que che parece proclamarse candidato en Fene en xuño ó marxe dos tempos e formas aprobadas nun Comité Nacional do PSdG-PSOE ainda en setembro? ¿Que che parece que non se convoquen executivas comarcais dende xuño? ¿Qué che parece que despois da dimisión de Modesta Anca nunha conversa con Ricardo Varela na que o noso Secretario de Organización puxo o punto e final ó problema, a última verba a poña por iniciativa propia Ivan Puentes na prensa vulnerando dito punto e final? ¿En qué executiva comarcal elixiuse os observadores na Conferencia política como representantes da comarca de ferrolterra? ¿Cándo hai que facerte caso, cando falas con Jorge Yañez por telefono ou cando falas con Ivan Puentes? ¿por qué non confirmas a túa inclusión nas listas municipais de Cedeira para reforzar a candidatura de Vergara? Supoño que non aplicaras a censura, xa que non recordo que sexa ó teu estilo. Un abrazo de ...

Xavier Carro Garrote dijo...

Sobre todas as preguntas que te fas, tes a respostas predeterminadas, polo que non creo que o que eu diga che importe pero ainda así direiche que:
Ivan non se proclamou candidato en xuño nin a agrupación de Fene contraveu as normas do Partido. Creo que si se deberia convocar a Comisión Executiva Comarcal, pero iso non quere dicir que esté paralizada, está traballando e ben. No tocantes ó de Modesta actuou con prudencia e segundo o acordado no área de organización. Non é á Executiva Comarcal a quen corresponde elixir ós representantes na conferencia Política, e ademais os/as deputados/deputadas tíñamos praza de invitados sen ocupar o posto de naide pola nosa condición de cargos públicos. Non creo que me faigas caso nunca, pero cando queiras falo diante de Ivan e de Jorge xuntos, ó mellor o sorprendido eres ti. Non teño nada que confirmar diante das eleccións municipais. e por fin como ves non aplico a censura pero quen me esixe transparencia ben poderia identificarse. ¿Non che parece?

Anónimo dijo...

¿Sabía vostede Don Xavier que cando nun trigal hay trigo amargo e
na vez de palla ten espiñeiras, o máis indiado e 'rarealo' e quitalo denmedio pra que non estropee o restro do trigo que hay no trigal....? Quédese co conto e investigue, averuigüe, cerciorese i asegúrese de que o 'rarean' pra que non foda a toda a leira de trigo.....

Anónimo dijo...

Pues tu protector y amigo el Pepe de Lugo y secretarísismo del Partido no obrero ni socialista español, no contesta y, si lo hace, es sólo cuando le conviene....

Xavier Carro Garrote dijo...

Pois da vena non somos moitos, eu nacín alí cando batimos o record de poboación con 11 veciños, e penso que fun o último que naceu no lugar. Non sei si Pepe contesta, comprende que ten moita demanda e pouco tempo.

O que sí poido decirche é que eu tamén sentin, anos atras que o Partido perdia a O e a S, pero agora son xa as duas siglas que máis pesan nas nosas políticas.

Por exemplo: relativas á O; acordos no diálogo social sobre máis de 20 materias, entre elas o mercado de traballo, a protección social e as pensións, a formación, as bases para a ley de dependencia, o regulamento de extranxería e a legalización de 700.000 traballadores inmigrantes etc. Tamén a ley para o control da subcontratación no sector da construcción, da que fun ponente e recentemente o Estatuto do traballador autónomo.

relativas á S: tódalas políticas de ampliación de dereitos e a política internacional.

¡Home, si o PP nos chama Gobierno extremista radical!. Tanto non pero sí e certo que este exito das políticas puramente de esquerdas molestan especialmente "a la derecha española nacional"

Anónimo dijo...

Moi ben, Don Xavier, d'acordo co que Vostede nos dí e conta, en algunhas cousas dou-lle a razón, pro hai-lle que ter moito coidado cos 'de la derecha española nacional, gallega y local' pois na meirande parte das veces son os que 'chapan' toda-las axudas, sobor todo, esas chamdas a 'fondo perdido' pra crear emprego e facer mil 'maravillas', e tan pronto pescan os cartos xa sabemos o que fan....nin empregos nin maravillas.
Iso pasou moito cando 'mandaban, gobernaban, dirixían e teledirixían
os do partido ese chamado 'Pra min,Pra min' (PP), e agora, non se
sabe nin por qué nin por que non, siguen na mesma, é decir, 'chapando a esgalla euriños
de aquí e d'alí' ¿Cómo se come iso
sendo Vostedes os do PSOE i os do BNG os que 'en teoría', gobernan, mandan e dirixen...?.
Non vaia a ser que todo o presuposto pra Ferrol Terra o 'chape' JUAN JUNCAL RODIGUEZ, LEOPOLDO RUBIDO RAMONDE i os seus 'amiguetes' e o empreguen en 'chalets, yates, pazos, cuchipandas i demáis lerias desas'
i ós demáis que lles den po-lo sitio ese que o programa non deixa decir por ser verba 'ofensiva'...

Anónimo dijo...

Eu penso que todos os socialistas ante todo deberamos de respetarnos,os que levan tempo e os novos que comenzan, é un erro sair nos medios de comunicación empurrando e invitando a saír a xente que leva moitos anos traballando para o partido e segue apoiada pola súa xente,creo que dar exemplo é a forma mellor de actuar cara á xuventude, si a escusa e que os maiores teñen que irse , entón que se poñan moitos cargos importantes a terecer.A convivencia, tolerancia e respeto entre todos nos e esencial pra o futuro do partido.FR.