1 de octubre de 2006

Bailes de maiores

Unha veciña xa entrada en anos foi estes días a un deses bailes que organiza o Vicepresidente, para manter a tradición. A muller volveu moi enfadada, porque naide lle dixo que non estaba Fraga.

E certamente non seria raro atopalo alí, porque o tipo de acto e o mesmo que tanto criticamos cando estábamos na oposición. Pois ben, eu sigo criticando ese xeito de tratar ós vellos como se foran tontos có obxecto de engaiolalos cun pasodoble español e unha ración de pulpo. Espero que o Vicepresidente reflexione e gaste os cartos noutras cousas máis necesarias.

Ademais, teño que confesar que o que máis me molesta é que se contrate a SUPERPIÑEIRO... O colmo do mal gusto!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa somos dous. ¿E qué lle parece o
homiño ese que e membro 'a perpetuidade' da TVG, sí home si, ese tal Gayoso .....ou 'cotorra parlante incansabel' que leva na TVG máis anos que Matusalem, coido que dende o Pleistoceno ou dende o Xurásico?.

Anónimo dijo...

Xa somos dous. ¿E qué lle parece o
homiño ese que e membro 'a perpetuidade' da TVG, sí home si, ese tal Gayoso .....ou 'cotorra parlante incansabel' que leva na TVG máis anos que Matusalem, coido que dende o Pleistoceno ou dende o Xurásico?.

Anónimo dijo...

Non me parece tan mal que siga O Gaioso, que é a única posibilidade de que TVG sexa líder de audiencia nalgún momento.
Ah, e benvido ao blogmillo, Xavier.